Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O escritor na súa terra

Agustín Fernández Paz recibirá este sábado a homenaxe da Aelg

O autor vilalbés foi elixido por unanimidade polos socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega para o seu recoñecemento anual.

Redacción - 18:36 18/06/2009

Este ano, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg) dedícalle a homenaxe O escritor na súa terra a Agustín Fernández Paz. A asemblea de socios decidiu por unanimidade que a 15ª edición do recoñecemento se lle dedique ao escritor vilalbés na súa terra natal.

A iniciativa, de carácter anual, xa é unha tradición na Aelg, e constituíuse ao longo de máis dunha década como unha celebración en que a terra de orixe cobra un protagonismo fundamental na cita cultural. Será unha conmemoración múltiple e popular cunha serie de eventos, como a entraga do galardón Letra E de escritor ou escritora, a plantación dunha árbore simbólica escollida polo autor (neste caso, un bidueiro), a colocación dun monolito ou a inauguración dun espazo público co nome da persoa honrada ou co que ela escolla.

Os actos comezarán o sábado 20 de xuño ao mediodía no parque Agustín Fernández Paz, en Compostela, onde se plantará o bidueiro e descubrirase o monolito escultórico. Unha hora despois, entregaráselle ao escritor a letra E, esculpida por Silverio Rivas, no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba. A actividade culminará cun xantar de confraternidade no Parador de Turismo de Vilalba.

Agustín Fernández Paz é narrador, ensaísta, profesor, pedagogo, sociolingüista, especialista en animación á lectura e literatura infantil e xuvenil, cunha vida comprometida coa educación e a escritura na nosa lingua. No ano 2007 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil polos relatos reunidos no libro O único que queda é o amor. É autor de máis de medio cento de ficcións narrativas.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: