Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Patrimonio

O TSXG desestima a petición dos Franco de suspender o BIC do Pazo de Meirás

Considera que os danos alegados apuntan a "evidentes prexuízos de carácter hipotético, cando non irreais" e prima o interese público.

Redacción - 12:15 19/06/2009

O Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) acordou desestimar a petición formulada por Carmen Franco, filla do ditador español Francisco Franco, de suspender a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) do Pazo das Torres de Meirás, situado no municipio coruñés de Sada, porque a súa argumentación apunta "a uns evidentes prexuízos de carácter hipotético, cando non irreais".

Segundo o auto da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, "o que hai que valorar é o interese xeral que defende a Administración" logo da aprobación do decreto do 30 de decembro de 2008 polo que se declara BIC coa categoría de sitio histórico o Pazo de Meirás.

Os gastos de vixilancia e de seguro por accidentes, como consecuencia de abrir o pazo ao público durante catro días ao mes e o "alto custo" de recibir a visitantes de todo o país foron os argumentos presentados polos avogados de Carmen Franco.

No entanto, o Alto Tribunal di que "no seu caso, algúns deles, poderían valorarse no momento en que pola Administración autonómica se fixase o horario, o calendario, a forma e o sistema en que os cidadáns poidan realizar as visitas ao pazo".

"Non poden considerarse uns prexuízos actualizados, nin tampouco actualizábeis", matiza o TSXG e engade que "os hipotéticos danos patrimoniais" que alega Carmen Franco, "como recorda o letrado da Xunta, sempre atoparían mecanismos resarcitorios dabondo a cargo da Administración galega".

Interese público
A Xustiza estima, ademais, que a suspensión que se pide da declaración sobre as Torres de Meirás "suporía, á súa vez, a suspensión do réxime de protección de devandito sitio histórico". O tribunal considera que a argumentación achegada polos avogados de Franco "non vai máis alá de considerar incongruente a actuación da Xunta na declaración de BIC".


4.62/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: