Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO MASCULINO

Galiza, Cataluña, Euskadi e Canadá xogarán o 'Torneo das Nacións'

Participará na segunda edición do campionato que se disputará en Bilbao e ten como principal atracción a presenza de varios xogadores da NBA no equipo americano.

Redacción - 19:20 19/06/2009
Cartaz do torneo

Cartaz do torneo

O 27 de xuño comeza no pavillón da Casilla, en Bilbao, a segunda edición do 'Torneo das Nacións' no que participarán Galiza, Euskadi, Cataluña e Canadá. Para os afeccionados ao baloncesto o grande reclamo deste campionato será Canadá, o equipo convidado, que está adestrado por Leo Rautins e contará no seu cadro con xogadores da NBA como Samuel Dalembert (Philadelphia 76ers) e Jammad Magloire (Miami Heat), ademais doutros de universidades estadounidenses.

O equipo galego está adestrado por Diego Ocampo e levará até a capital de Biscaia un equipo formado principalmente por xogadores da Leb Ouro e Leb Prata. Así, o cadro compóñeno Rubén Fernánde Vila (Ourense), Xosé A. Vázquez (Ourense), Xosé R. Esmorís (Ourense), Xosé Antelo (Tenerife Rural), Xesús Castro (CB Villa de los Barrios), Víctor de la Fuente (Leyma Básquet Coruña), Antón Pantín (Básket Xiria), Manuel Ferreiro (Zarzuela Maristas Boecillo), Alexandre Castells (Estudiantes de Lugo), Mario Cabanas (CB Hospitalet), Antón Seixo (Leyma Básquet Coruña) e Xavier Román (Leite Río Breogán).

O equipo vasco é o vixente campión e está adestrado por Pablo Laso. Algúns dos seus máis destacados xogadores son Ricardo Uriz (Bruesa), Urko Otegui (Vive Menorca), Txemi Urtasun (Lucentum Alicante), Sergio Alonso (Faymasa Palencia). Pola súa parte Cataluña aínda non presentou a súa listaxe de xogadores, pero agárdase que presente un combinado semellante ao do ano pasado, no que figuraban nomes como Roger Grimau, Pau Ribas, Victor Sada ou Ricky Rubio. Agárdase que esta selección sexa adestrada por Salva Maldonado, técnico do Kalise Gran Canaria.

Cataluña e Canadá abren o torneo o sábado 27 ás cinco e media da tarde, mentres que Galiza enfrontarase a Euskadi dende as oito. A final xogarase o domingo ás sete, e todos os partidos terá lugar no pavillón da Casilla, en Bilbao.


4.71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: