Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CENTRO GALEGO DE BARCELONA, SÁBADO 27, 20 H

Mercedes Núñez Targa: O valor da memoria

Unha exposición sobre a loitadora contra o fascismo supervivente aos campos de concentración nazis

Centro Galego de Barcelona - 21:00 22/06/2009

O CGB (Centro Galego de Barcelona) presenta a exposición Mercedes Núñez Targa: O Valor da memoria, co que dá continuidade a unha das súas liñas de acción, o Programa Memoria, que persegue a recuperación da memoria histórica como ferramenta para reflexionar sobre a realidade actual e poder contribuír a transformación social do presente.

A exposición pretende recuperar a traxectoria, o compromiso e a época de Mercedes Núñez para difundir unha vida, o coñecemento da cal considérase necesaria, pero tamén para abrir un debate sobre o concepto Memoria Histórica, as súas implicacións e as súas oportunidades. Neste sentido, a exposición móvese nunha difícil intersección na que se cuestiona a reconciliación, a impunidade e o "pasar páxina"…

Fronte a amnesia histórica, a recuperación de personaxes como Mercedes Núñez que loitaron polas liberdades civís contra os réximes reaccionarios de Franco e de Hitler e que padeceron a represión fascista, axúdannos a situar o presente nos termos nos que debe ser xulgado.

Inauguración da exposición "Mercedes Núñez Targa: O valor da memoria"

Loitadora polas liberdades civís contra os réximes de Franco e Hitler.

Supervivente aos campos de concentración nazis de Saarbrücken, Ravensbrück e Leipzig-Schönefeld.

Socia do Centro Galego de Barcelona a principios do século XX.

Sábado, 27 de xuño de 2009, 20 h

Sala Ferrío. Centro Galego de Barcelona
La Rambla, 35-37 Barcelona. Metro Liceu (L3)

Do 27 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 30 de setembro.
De luns a domingo de 17 a 22 h.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: