Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Após o veto do bipartito

A Xunta podería recuperar as minicentrais nos ríos

Na anterior lexislatura foran paralizados todos os encoros, mais agora Medio Ambiente podería darlle continuidade a algúns proxectos, "con moitas restricións".

Redacción - 09:00 24/06/2009
A área da Fervenza, en Mondoñedo, que os veciños queren evitar que se estrague coa minicentral / Imaxe: Xosé Chao (Adega)

A área da Fervenza, en Mondoñedo, que os veciños queren evitar que se estrague coa minicentral / Imaxe: Xosé Chao (Adega)

Todos os proxectos de minicentrais nos ríos presentados na era Fraga e que non foran aprobados antes de 2005, e aqueles que viñeron despois, foron rexeitados polo bipartito. Na anterior lexislatura ficaron paralizados unha vintena de encoros nos ríos do país, porén, agora algúns deles poderían ser construídos nos vindeiros catro anos.

Fontes da Consellaría de Medio Ambiente confirmáronlle a Vieiros que o conselleiro Agustín Hernández, e máis o seu gabinete están a examinar a avaliar o Plan Sectorial Hidroeléctrico de Galiza que deixou o anterior Goberno, e que aínda non foi aprobado. A intención de Medio Ambiente é concretar se lle van dar continuidade a algún dos proxectos de minicentrais que foron presentados a pasada lexislatura.

Nesta liña, dende o Goberno sinalaron que teñen "moi claro" que os ríos galegos teñen un "nivel de aproveitamento hidráulico notabelmente alto", que existen poucos tramos que aínda se poidan empregar. Porén, tamén afirmaron ao tempo que, no caso de que se dese finalmente algunha nova concesión nesta lexislatura, "nalgún tramo concreto e puntual", esta estudaríase "milimetricamente". "Non estamos dicindo que isto vaia pasar, mais no caso de concederse unha nova explotación, sería baixo criterios moi restritivos", sinalaron as mesmas fontes.


2/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: