A marcha iníciouse este luns en Pontevedra, e ten o obxectivo de chegar a Compostela o vindeiro martes, día último marcado pola Xunta para que as partes en conflito, sindicatos e patronal, lle dean o visto e prace á súa oferta.
13h00: Chegando a Caldas de Reis
Por volta das 13h00 perto de dous mil operarios do sector metalúrxico da provincia de Pontevedra, segundo cifras dos sindicatos, ían chegando a Caldas de Reis. Todo discorría segundo o previsto polos folguistas, que este luns decidiron mudar a súa estratexia, para demandarlle á Xunta, con esta gran marcha, unha actitude máis activa na resolución do conflito creado arredor da aprobación do novo convenio do sector, que se alonga xa case tres meses.
A marcha está a crear abondos problemas de tráfico na N-550, entre Pontevedra e Caldas, e está previsto que estes se prolonguen durante a tarde, no camiño cara Padrón.
Mentres, as posturas entre patronal e sindicatos seguen estando moi afastadas. Os sindicatos acusan os empresarios de manter unha actitude intransixente en canto á suba salarial, seguindo os ditados da CEOE, para que o conflito non se estenda a outros sectores do Estado onde tamén se están a renegociar convenios. Porén, os empresarios rexeitan estar baixo os ditados da Confederación Española de Organizacións Empresariais, e sinalan que nas negociacións van chegar "até onde poidan", recalcando que "tamén se pode vivir sen convenio". Ámbalas dúas partes deben presentarlle a súa postura final á Xunta o vindeiro martes, data na que os operarios mobilizados chegarán a Compostela.
09h00: Comeza a marcha
Camaradaría, compañeirismo, bo humor e, por suposto, defensa dos dereitos laborais. Estes son os ánimos cos que os obreiros do metal da provincia de Pontevedra asomen a última das súas convocatorias de protesta. Este luns, ás oito da mañá sairon 40 autobuses dende a Praza do Concello viguesa para dirixirse cara Pontevedra, onde comezou a marcha.
Segundo os datos confirmados até o de agora pola CIG, uns dous mil obreiros xa se inscribiron para sumarse a esta convocatoria. A esta cifra hai que engadir os operarios que mobilizarán tanto CCOO como UXT, que tamén apoian a iniciativa, unha cantidade que se agarda que supere as 100 persoas.
Unha vez en Pontevedra, cara ás 09h00 comezou a peregrinación a Compostela. Aos máis de dous mil manifestantes procedentes de Vigo sumaranse os obreiros de Pontevedra, e iniciarán o camiño dende as proximidades do Estadio de Pasarón. Ademais, está previsto que durante a ruta se sumen outros operarios do metal doutros concellos pontevedreses, polo que é moi probábel que a cifra ascenda até os 2.500.
O obxectivo é chegar até Caldas de Reis cara ao mediodía, onde se parará a xantar, e durmir en Padrón. Para a ocasión xa se habilitaron diferentes pavillóns situados na comarca, ben en Valga, Cesures ou o propio Padrón. O martes será o día da peregrinación final, xa que o obxectivo é chegar até Compostela ás 14h00, cando se manifestarán perante as instalacións da Xunta de Galiza, en San Caetano.
Isso, e a gente a falar do pobre Novoneyra, que o vão RAGosizar...
Avante os trabalhadores do metal!
TRABALLADORES DE COMPOSTELA
TRABALLADORES DE PADRÓN
TRABALLADORES DAS VILAS E CIDADES GALEGAS:
SOLIDARIEDADE COS OBREIROS DO METAL!
amoscaesquerdosa.blogspot.com
Defensa del poder adquisitivo, no cada día más pobres. Si admitís el goteo se convertirá en un chorreo.
La crisis que la paguen los capitalistas neoliberales.
Arriba los pobres del mundo ...
Comunicado da Corrente Vermella
A exemplar loita do Metal da un paso máis coa Marcha a Compostela. Despois de resistir a criminalizacion desde os medios, acusandoos de todos os males, mentras a brutalidade policial era silenciada; despois de resistir a represion coa práctica ocupacion policial de Vigo; despois de recuperar a unidade sindical, rota por desconvocatorias da folga unilaterais, ... @s traballador@s do Metal exixen dos poderes publicos, da Xunta, un paso real e concreto na resolucion do conflicto.
O camiño da victoria esta dado: a patronal partiu da exixencia da conxelacion salarial, dos intentos de aumentar a precariedade, de querer a desaparicion das bolsas de traballo, e tudo foi rebatido pola exemplar loita protagonizada.
Agora é preciso rematar o traballo cun acordo que rompa as intencions dos gobernos, do Central e da Xunta, de descarregar a crise sobre ás costas da clase traballadora.
Ista conquista demostraría que coa loita firme e democrática, só confiando nas forzas da clase obreira é posible avanzar cara a solucion da crise a prol da poboacion traballadora.
Corrente Vermella chama a toda poboacion traballadora galega a dar o seu apoio ao Metal na súa Marcha a Compostela.
Viva a loita do Metal
http://www.corrienteroja.net; correntevermella@corrienteroja.net
Tud@s a recibi-los o Martes em Compostela! Fagamos uma homagem à vangarda do proletariado galego! Acudide companheir@s! Viva a luita do metal! D.M.Q.E.
Saudos aos companheiros do metal desde Padron!
Viva a loita dos traballadores do metal!!! Moitos dereitos estamos a perder os traballadores, basta xá!!! Non vamos a solucionar os problemas se agachamos a cabeza, se traballamos por menos cartos, se facemos horas gratis, iso só lle favorece ao empresario. ¡Forza traballadores!