Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TRIATLÓN

Gómez Noya xa manda no Campionato Mundial

O novo formato de competición permitiulle ao ferrolán sumar puntos necesarios para adiantar ao británico Alistair Brownlee.

Redacción - 11:25 29/06/2009
Gómez Noya, durante a carreira

Gómez Noya, durante a carreira

Xavier Gómez Noya xa lidera a clasificación das Series Mundiais de triatlón, grazas ao sexto posto acadado na corrida de Des Moines, disputada en Iowa (Estados Unidos). Esta carreira non está incluída na listaxe de oito que compoñen o reformado campionato mundial, pero o máis prestixioso torneo por probas do momento inclúe dende este ano a posibilidade de que os triatletas acaden puntos noutras das que tradicionalmente foron as probas máis destacadas do circuíto. Este é o caso de Des Moines, onde o gañador optaba a 300 puntos no canto dos 800 que outorgan as corridas que compoñen as novas Series Mundiais.

O feito de que en Iowa non competira o líder do campionato mundial, o británico Alistair Brownlee, permitiulle a Gómez Noya adiantarlle e colocarse xa na primeira posición da listaxe. Na loita pola vitoria final estiveron os dous primeiros clasificados dos Xogos Olímpicos de Beixín: o canadense Simon Withfield e o alemán Jan Fródeno (actual campión olímpico). Nesta ocasión foi Withfield o gañador, seguido de Kahlefeldt e de Fródeno, que rematou terceiro. Gómez Noya perdera o contacto co grupo no último quilómetro e rematou entrando a oito segundos do vencedor.

A vindeira cita será en Kitzbühel
O 12 de xullo teremos a ocasión de presenciar unha nova entrega do enfrontamento entre Brownlee e Gómez Noya, na cuarta entrega das Series Mundiais. Nesta ocasión a carreira disputarase na localidade austríaca de Kitzbühel e, por primeira vez no ano, o galego tomará a saída como líder do campionato.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: