Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Demandan a intervención da administración

Traballadores de Navantia Ferrol concéntranse en apoio do metal pontevedrés

A protesta foi apoiada en exclusiva pola CIG, xa que CCOO, UXT e USTG desmarcáronse argumentando que se trata dun asunto que non lle afecta á provincia coruñesa.

Redacción - 13:00 29/06/2009

Un centenar de traballadores secundou a concentración convocada pola CIG en Navantia Ferrol en apoio do sector siderometalúrxico da provincia de Pontevedra, en repulsa polas actuacións "desmedidas" e "continuas" das forzas da orde, e en demanda dunha intervención urxente da Xunta. A protesta non estivo secundada por CCOO, que ten a presidencia do Comité de Empresa de Navantia Ferrol, nin pola UXT e a USTG, que rexeitaron a medida, considerando que a negociación afecta en exclusiva a provincia de Pontevedra.

Pola súa banda, o representante da CIG en Navantia Ferrol, Manuel Grandal, asegurou que o conflito de Vigo non é "unha batalla simplemente económica", senón "unha decisión participada politicamente", porque "se non, non se entende a actitude da Xunta de Galicia". Censurou que sexan os empresarios os que rexeitaran a mediación do executivo, e que "non pase absolutamente nada". "Se fosen os traballadores os que saísen publicamente dicindo que non aceptaban a mediación, os titulares serían terríbeis", engadiu. Grandal instou a Xunta a "tomar cartas" no asunto, porque "está en xogo un sector estratéxico" para o país".

O representante da CIG de Ferrol afirmou que os sindicatos mantiveron o seu compromiso co desenvolvemento dos traballos en Vigo pero que, en cambio, nalgún estaleiro, producíronse "pseudo peches patronais" para "tratar de xustificar o incumprimento de prazos", como sería a retirada da "pasarela dun barco para que non se poida traballar". "Aí hai un exercicio absoluto de disposición dos sindicatos para que se cumpran os prazos", concluíu. Na xornada do martes, a CIG de Ferrol fretará autobuses para facilitarlles aos traballadores que participen na marcha prevista polos traballadores de Vigo cara á Xunta de Galicia para reclamar solucións ao conflito.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: