Logo de 20 días de mobilizacións, os folguistas fan unha demostración de forza nas rúas santiaguesas. Vídeo no interior.
O son dun helicóptero policial anunciaba a chegada da columna de obreiros. Máis de tres milleiros de traballadores do metal entraban en Santiago vixiados por un amplo dispositivo de axentes antidisturbios camiño da sede central da Xunta de Galiza. Os folguistas completaban así o seu segundo día de marcha logo de partir a andar dende Pontevedra e facer noite o luns en Padrón. As consignas a prol dunha negociación do convenio centraban os cánticos dos manifestantes á súa entrada na cidade.
A conselleira de Traballo pídelle ás partes do conflito do metal que "avancen nas negociacións" porque "estamos ao límite"
A conselleira de Benestar Social e Traballo, Beatriz Mato, pediulles este martes a sindicatos e empresarios, coincidindo coa chegada da marcha dos operarios do Metal a Compostela, "que lle confirmen a Galiza que están dispostos" a solucionar o conflito do sector, e expresou a súa "firme esperanza" de que esa solución chegue este semana ou "mesmo hoxe" -por este martes-, na xuntanza prevista entre as partes a partir das 18h00 horas no edificio administrativo da Xunta en Vigo.
En declaracións aos medios, Mato lembrou que sindicatos e patronal lle trasladaron xa a pasada semana a súa "vontade de negociar e de chegar a un acordo". Así mesmo, apuntou que as partes "son conscientes da gravidade da situación" e de que "moitos sectores están a piques de facer crack". Alén disto, a conselleira apelou á responsabilidade de ámbalas dúas partes, e precisou que a Xunta non recibiu resposta dos sindicatos sobre do rexeitamento -que xa manifestaron publicamente- á proposta de incremento salarial realizado polos mediadores. Segundo a titular de Traballo, sindicatos e empresarios manifestáronlle nos últimos contactos que mantivo con eles, a súa "vontade de chegar a acordo", polo que afirmou que confiaba "na palabra desta xente".
"Galiza xa non aguanta máis este conflito"
A conselleira tamén advertiu que "Galiza xa non aguanta máis este conflito" que, na súa opinión, chegou a un punto "que non ten explicación", porque as reivindicacións "prexudican a outros sectores e ao tecido produtivo" do país. "Estamos ao límite", subliñou, e instou ás partes a que "empreguen o escenario" de negociación e diálogo facilitado polos mediadores, que "puxeron na mesa unhas cifras e unha solución", xa que "agora só falta que as partes lle confirmen a Galiza que están dispostas a solucionar o conflito".
A patronal partiu da exixencia da conxelacion salarial, dos intentos de aumentar a precariedade, de querer a desaparicion das bolsas de traballo, e tudo foi rebatido pola exemplar loita protagonizada do Metal. . Despois de resistir a criminalizacion desde os medios, acusandoos de todos os males, mentras a brutalidade policial era silenciada; despois de resistir a represion coa práctica ocupacion policial de Vigo; despois de recuperar a unidade sindical, rota por desconvocatorias da folga unilaterais, ... @s traballador@s do Metal exixen dos poderes publicos, da Xunta, un paso real e concreto na resolucion do conflicto.
Cando hay problemas con as guerras, as liortas, o paro, e demais, sempre hay moita xente que queren aprobeitar o intre. Os empresarios quiseron facelo, e non pode ser, sempre pagas os mismos. Si o metal en Vigo, tivo e ten percorrido, e porque é rendabel, en outro lares non foi porque a man de obra e mais cara. Sintome orgulloso como Vigues e Galego da sua loita. ADIANTE METAL
Que lección están a dar os traballdores do metal a toda esta esquerda "posmoderna", socialdemócrata, "reformuladora" de realidades que proclamaron mortas...
Dixéronnos: a clase obreira morreu!; a loita de clases xa non existe!; os traballadores xa non saben loitar!...
Pero velaí como desbotan tanto tópico, tanta intoxicación, tanto liderado de cartón-pedra que só procura acadar a gran cadeira do poder institucional.
Un exemplo o que nos están a dar os obreiros do metal que non se esquecerá tan doadamente e que abirá sen dúbida novas vías de reflexión na esquerda...
Porque mal que lles pese a algúns, o anticapitalismo non morreu
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Adiante o Metal!!! Sois os melhores
Sodes unhos fenómenos. Canto terían que aprender outros colectivos e así non habería tanta soberbia na patronal.
Comentario que escoitei hoxe nun bar sobre este conflicto:
-Estos do BNG (cando en realidade teria que dicir CIG e demais) están facendo como fixo a ETA en Bilbao. Como non gañaron as eleccions andan ahora pola calle de vandalos.
Eu xa non sei si rir ou chorar, pero o que si notei e que aos peperos estalles fastidiando que a clase obreira se revele ao empresario jajaja
ti ven a sorte de estar en compostela xusto no momento de entrada dos traballadores no casco urbano se so hai unha palabra para describilo "EMOCIONANTE".
Son a día de hoxe o orgullo deste país e da clase traballadora.
esta xente sí está na vangarda,
Parabens para tod@s ess@s traballadores do metal, como din por ahi arriba. A dia de hoje som o orgulho do pais.
Avante a luita do metal!!
Sinto orgulho em ser do mesmo país do que eles. Obrigado!
Ánimo que loitades por algo mais que unha mellora salarial, loitades por un mundo mais xusto
#10 Desde logo, non loitan coma certos amigos teus, que defendían un suposto dereito a entrar tarde e saír antes do traballo. Esta xente si que loita por algo xusto.