Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
1,3 millóns de imaxes

Xapón e a NASA publican o mapa da Terra máis completo

Os datos, tomados polo aparello Aster, cobren o 99% da superficie terrestre e publícanse para o seu uso libre e gratuíto.

Redacción - 19:45 30/06/2009
Un detalle da costa norte de Galiza / ASTER

Un detalle da costa norte de Galiza / ASTER

Imaxes tomadas por un satélite fixeron posíbel contar co mapa do planeta Terra máis completo publicado até agora. Son 1,3 millóns de fotografías, captadas polo dispositivo Aster, incluído no satélite Terra, que se publicaron de xeito libre e gratuíto grazas á colaboración entre a NASA estadounidense e o Ministerio de Comercio do Xapón.

O mapa mundial dixital de elevación cobre o 99 por cento da superficie terrestre. Mentres o satélite Terra captou momentos como o crecemento das algas ou erupcións volcánicas, Aster mediu detalladamente a elevación de toda a superficie da Terra, mediante puntos separados por 30 metros, segundo informa a BBC.

Os responsábeis da misión aseguraron que esa ampla base de datos servirá para que usuarios e investigadores de todo mundo conten con información exacta sobre todo o terreo. Os anteriores datos dispoñíbeis pertencían á Shuttle Radar Topography Mission da Nasa, que cubría o 80% do planeta e contaba con información menos detallada nalgunhas áreas, como desertos ou terreos escarpados. Estes datos combinaranse cos de Aster para dispoñer dun mapa planetario máis exacto.


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: