Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SAIRÁ A FINAIS DE ANO

Petisca o novo de Dios Ke Te Crew

O colectivo de hip-hop ordense ofrece, mediante a súa páxina web, un avance de dous temas do que será o seu novo traballo.

Redacción - 08:00 01/07/2009
Portada que se envía coa Promo

Portada que se envía coa Promo

Dios Ke Te Crew está preparando o seu novo traballo de longa duración, que estará a disposición dos seus seguidores a finais de este ano. Mentres, os máis impacientes poden atopar un pequeno adianto na súa páxina web, onde se poden descargar dous temas titulados Ollo ó parche! e Chove, ademais dun vídeo do tema Herdeiros da ditadura e a portada do disco.


Ollo ó parche!

Neste adianto percibimos como o funk segue sendo a base dende a que comezan a súa viaxe musical, dando despois paseos por outros estilos como o jazz ou a electrónica. Aínda así Sokram, un dos Mestres de Cerimonias, explícanos que as guitarras e as baterías rock terán moito peso nun traballo que continúa a viaxe comezada hai xa varios anos.


Chove

Os mozos de Ordes están rematando o disco nos estudos que teñen na súa vila, chamados Rapapoulo Estudio. Para as labores de masterización desprazáronse até Vigo, onde traballaron no prestixioso estudo Abrigueiro, xunto a Arturo Vaquero.


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: