Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comezan esta cuarta feira

Cada galego gastará unha media de 85 euros nas rebaixas deste verán

Son datos da Federación Galega de Comercio, que tamén estima que as vendas vanse reducir entre un 15 e un 20% esta campaña, con respecto ao mesmo período de 2008.

Redacción - 11:00 01/07/2009
Os comerciantes prevén una aumento entre o 15 e o 20% nas vendas desta campaña de verán

Os comerciantes prevén una aumento entre o 15 e o 20% nas vendas desta campaña de verán

Os galegos e galegas gastarán nas rebaixas deste verán por volta de 85 euros por persoa, segundo as previsións que manexa a Federación Galega de Comercio.

unha tempada na que osAs rebaixas comezan esta cuarta feira 1 de xullo, e nesta tempada os comerciantes estiman que as vendas suban entre un 15 e un 20% con respecto ao mesmo período de 2008. Con este incremento da demanda, agárdase que os estabelecementos comerciais do país fagan unha facturación de 90 millóns de euros, saíndo máis beneficiados os sectores do téxtil e do calzado.

Rebaixas de até o 60% no prezo, até setembro
A redución de prezos comeza agora con descontos de entre un 30 e un 40%, mais prevese que estes poidan superar o 60% deica finais da tempada.

Os comercios poderán permanecer de rebaixas até o 30 de setembro, cun período mínimo dunha semana e un máximo de dous meses.

A Federación Galega de Comercio recomenda "anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nun lugar visíbel do estabelecemento", "etiquetar correctamente os artigos e "anunciar visibelmente a decisión de non aceptar cartóns ou a devolución dos artigos", entre outras medidas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: