Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SANEAMENTO ECONÓMICO

O Celta volve coller o temón do seu destino

A aprobación do convenio cos acredores é un dos últimos pasos para o remate da Lei Concursal, e confirma que o club vai saíndo aos poucos da fochanca económica en que encallara.

Redacción - 12:00 01/07/2009
Directivos do Celta, anunciando o convenio cos acredores

Directivos do Celta, anunciando o convenio cos acredores

O Celta de Vigo volve a respirar economicamente despois da aprobación este martes do seu convenio cos acredores, que pon fin a un ano de intervención no club, e permitiu baixar a débeda de 69 a 30 millóns de euros. O convenio aprobouse con pouca marxe, xa que recibiu o voto a favor do 52.70 % dos acredores, cando a lei esixe unha porcentaxe mínima do 50%. Neste sentido influíu a abstención de Facenda, que constitúe xunto a Caixanova un dos principais cobradores.

Agora as persoas físicas ou xurídicas ás que o club lles debe diñeiro teñen un prazo de 10 días para presentar impugnacións e tamén para decidir a que modalidade de cobro se acolle. O convenio ofrece tres modalidades de cobramento da débeda, como son: unha quita do 85% (aprazar esa porcentaxe do débito) a un prazo de cinco anos; unha quita do 50% con pagos vencellados á venda ou cesión de futbolistas; ou a capitalización do total da débeda mediante a súa conversión en accións do club. Esta última posibilidade permítea o feito de que o club planee realizar proximamente unha ampliación de capital.

Reorientación dun barco que afundía
A Lei Concursal á que se acolleu o Celta no pasado verán supoñía recoñecer abertamente unha situación de alto endebedamento e a súa vontade de reconducir a situación. Este contexto económico derivaba do ritmo de gasto contraido pola entidade nos seus momentos de maior éxito deportivo, que se mantiveron aínda cando baixou considerablemente o seu nivel de ingresos. Agora que a situación parece ter unha solución que está na redución dos gastos e aposta pola canteira para guiar o novo proxecto deportivo.


3.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: