Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'ONCE MÁIS QUINCE'

A poesía que fai ruído

Do Cumio publica un libro-cd no que bandas galegas musican poemas, dende Rosalía a Daniel Salgado, pasando por Rompente.

Redacción - 11:30 05/07/2009

Alfonso Pexegueiro, Nao, Celso Emilio Ferreiro, Antón Lopo, Ataque Escampe, Daniel Salgado..., todos metidos nun bote. Once máis quince (once poetas, quince músicos) é un libro-disco editado por Do Cumio e producido pola asociación MusciARTE, que busca incidir na relación que dende sempre houbo entre a poesía e a música galega. A intención do disco, escribe María Lado é "é ser unha mostra do fecundo panorama musical que nos rodea e que, nesta ocasión -que non é a primeira para moitos deles-, toma da man o xénero máis prolífico das nosas letras para recuperar ou recoñecer as súas palabras como parte fundamental da nosa bagaxe".

O libro-disco ten un prezo de 15 euros e pódese adquirir en librarías e na páxina de Edicións do Cumio.

Poemas/Cancións incluídos no libro/disco
1- Zimmer103 - Se has de chorar (poeta: Alfonso Pexegueiro)
2- Miguel Alonso - Nos ollos teus (poeta: Álvaro Cunqueiro)
3- Ataque Escampe (Galegoz Remix) - Ningún lugar seguro (poeta: Antón Lopo)
4- Miguel A. Suárez - Longa noite de pedra (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
5- Xurxo Mares - Non (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
6- Fanny e Alexander - Autopoética in progress (poeta: Daniel Salgado)
7- Anxo Rei - Cantarche hei amiga (poeta: Darío Xohán Cabana)
8- Roberto Sobrado e banda - A dama que fala (poeta: Grupo de Comunicación Poética Rompente)
9- Snail - Cunetas (poeta: Luis Pimentel)
10- Meiga do Norte - Ai! (poeta: Curros Enríquez)
11- Julian Ross - A Rosalía de Castro (poeta: Curros Enríquez)
12- David Taboada - Outono (poeta: Manuel María)
13- Elanor - Canción para cantar todos os días (poeta: Manuel María)
14- Fucoxabier - Cantan os galos pro día (poeta: Rosalía de Castro)
15- Nao - A xustiza pola man (poeta: Rosalía de Castro)


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: