Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Pereiro sae líder do Caisse d'Epargne

Tour 2009: promesa doutras tres semanas de épica ciclista

Case 3.500 quilómetros levarán nas pernas os heroes da bici cando enfronten, a só 24 horas do final da carreira, o desafío do Mont Ventoux.

Redacción - 10:30 04/07/2009

Con 37 anos e o aval dun palmarés de sete triunfos consecutivos na mellor competición ciclista do mundo, Lance Armstrong está chamado a ser protagonista de todos os obxectivos fotográficos na saída deste Tour 2009. Pero á beira del no pelotón sairán un golpe de esforzados da ruta dispostos a roubarlle protagonismo cando a estrada poña a proba as pernas dos deportistas.

Alén da animación que o ciclista estadounidense engade á proba, os organizadores argallaron un traxecto ben xeitoso dispostos a espremer a emoción até á porta de París. Así, e se outras veces o suspense do último alento chegaba con véspera de contrarreloxo antes da Avenida dos Campos Elíseos, desta volta haberá un inédito desafío. Antes do paseo triunfal na xornada de peche, os ciclistas enfrontarán a famosa cima do Mont-Ventoux, subida de categoría especial. Serán 21 km apertando o ferro cara á liña de meta afogando na suor de case un 8% de pendente media.

Cadel Evans, Denis Menchov, Frank Schleck... Gorentosa lista de figuras do pedal vanse dar cita nos momentos álxidos da carreira. E á beira deles, e alén de Lance Armstrong, gañador da proba entre os anos 1999 e 2005, poderemos ver os tres heroes da bicicleta que conseguiron a vitoria nos tres anos desde a retirada do texano: Carlos Sastre, gañador en 2008; Alberto Contador, gañador en 2007 e competindo agora no mesmo equipo que Armostrong; e o galego Óscar Pereiro, gañador en 2006.


Este sábado a primeira tirada: unha contrarreloxo de 15,5 km en Mónaco. E o domingo, 187 km entre Mónaco e Brignoles,


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: