ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Só 2.800 confirmados no laboratorio

Arxentina eleva a 100 mil os posíbeis afectados por gripe A

Os expertos estiman que o pico máis alto pode chegar a mediados de xullo e alcanzar unha cifra que roldaría o millón de doentes.

Redacción - 19:35 03/07/2009
As mascarillas son habituais nas rúas

As mascarillas son habituais nas rúas

O ministro de Saúde de Arxentina, Juan Manzur, confirmou este venres que os infectados por gripe A no país, que acaba de entrar no inverno, poderían ascender a 100 mil. Destes só uns 2.800 foron confirmados por análises de laboratorio, aínda que só se estudan os casos dos ingresados.

O ministro, que acompañou este venres á presidenta arxentina, Cristina Fernández, a un dos hospitais onde se concentran os doentes graves de gripe A, indicou que até o de agora son 44 as vítimas mortais certificadas por laboratorio -os medios elevan a cifra a 55.

A anterior ministra arxentina de Saúde, Graciela Ocaña, presentou a súa dimisión o pasado luns, un día despois das eleccións, debido á crise pola epidemia no país.

Tres días antes, o ministerio cifrara en 1.587 os infectados polo virus confirmados por laboratorio no que foi o último informe sobre a enfermidade. A partir desa data, a carteira deixou de dar cifras oficiais logo de dous meses de emitir comunicados a diario.

Os expertos estiman que o pico máis alto pode chegar a mediados de xullo e alcanzar unha cifra que roldaría o millón de afectados.

Máis información


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

longanoitedepedra #1 4/Xullo/2009 longanoitedepedra
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A Arxentina...mágoa dun país ao que debemos tanto os galegos...

Non dá saído do furado no que caeu hai décadas. Mágoa.

pampeiro #2 5/Xullo/2009 pampeiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vergoña o que fixeron os Kirchner co tema da Gripe A !!! Recén comezaron a tomarse as medidas necesarias despois das eleccións lexislativas do derradeiro domingo.Eleccións que perderon os Kirchner.Un escándalo a crise sanitaria provocada pola influenza A neste país.Para os Kirchner foron máis importantes as eleccións lexislativas que a saúde da poboación.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: