Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha "tregua" para "repor forzas"

Os sindicatos do metal suspenden a folga

CIG e CCOO decidiron, en asemblea, volver ao traballo, aínda que din que o conflito segue "latente".

Redacción - 13:20 06/07/2009

Os sindicatos CIG e CCOO decidiron, en asemblea este luns, suspender temporalmente a folga indefinida no sector metalúrxico da provincia de Pontevedra, decisión que UXT xa adoptou a semana pasada.

No entanto, consideran que o conflito segue "latente". Dende a CIG apuntan que se trata dunha "tregua" para "repor forzas", e que sería de "suicidas" continuar a "tirar en solitario".

Representantes das tres centrais reuniranse nas próximas horas para analizar o novo escenario, así como a estratexia de negociación do convenio.

A conselleira de Traballo pídelles a sindicatos e patronal que "non marchen de vacacións" sen arranxar un novo convenio
A conselleira de Traballo e Benestar cualificou de "fito favorábel" a suspensión da folga, e pediulle a patronal e sindicatos que "non marchen de vacacións sen arranxar o convenio".

Mato asegurou que esta decisión "muda o escenario para unha posíbel negociación". Así, dirixiuse a "ámbalas dúas partes" para dicirlles que "nese escenario de calma e de paz tense que chegar a un fin", que é "arranxar o convenio" colectivo do sector. "Apelo a que Galiza non aguanta máis un conflito deste calado", dixo, como "tampouco poden soportar" os vigueses "este enquistamiento". "Dende logo, a mesa estará aberta sempre, non iremos de vacacións até que este convenio non se arranxe", prometeu a conselleira.

A seguir, Mato tamén defendeu a Xunta nesta mediación, sinalando que se implicou "dende o 21 de abril" -día seguinte á toma de posesión dos membros do Goberno-, nas negociacións do convenio do metal. "Estamos hoxe e estaremos mañá nesa futura mesa de negociación", acrecentou.


4.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: