O goberno adica máis de 9.700 millóns de euros anuais a gasto militar e ingresa case 1.000 millóns da exportación de armamento.
Cada cidadán do Estado Español contribúe ao gasto militar con 408 euros anuais, é dicir, un total de 50,9 millóns de euros diarios. Esta cifra extráese dos propios datos ofrecidos polo Ministerio de Defensa, que gastou este ano un total de 9.726,36 millóns de euros en financiamento militar, ben sexa en armamento, en manter o exército ou na mellora de infraestruturas.
Con todo, este montante é inferior ao adicado ao mesmo concepto o ano pasado, cando se inverteron un total de 10.091,95 millóns de euros. Segundo o goberno español, este descenso, dun 3%, débese fundamentalmente a unha moderación do gasto en tempos de crise. Con todo, un informe publicado polo Centre d’Estudis per la Pau J.M. Delàs de Justícia i Pau asegura que este aforro non é tal: afirma que a redución presupostaria para o exército tería sido só dun 1,6%, ao teren en conta partidas que non aparecen nos orzamentos de Defensa, senón noutros ministerios. Falan así dos departamentos de D+I con finalidades de defensa que reciben cartos do Ministerio de Industria, a Garda Civil do Ministerio do Interior, entre outros exemplos.
Ademais, recordan que malia a crise hai grandes proxectos militares en curso que non foron suspendidos nin viron recortado o seu financiamento. Neste campo, subliñan o caso do avión Eurofighter, os carros de combate Leopard ou os mísiles Tomahawk.
Vendendo armas a outros países
Doutra banda, o informe do Centro Delàs tamén revela que o Estado Español gañou case 1000 millóns de euros na exportación de armamento durante o ano pasado. Esta cifra representa un 0,2% máis con respecto ao 2007.
Porén, o máis preocupante é que segundo esta entidade, "unha terceira parte destas exportacións tivo como destino países que vulneran a Lei de control e transferencias de armas", é dicir, países que figuran na lista das Nacións Unidas por vulnerar os Dereitos Humanos, por ser politicamente inestábeis ou por estar no medio dun conflito armado. Así, e sempre segundo os propios documentos oficiais do Estado Español, o goberno tería exportado armas a Israel, Marrocos, Turquía, Arabia Saudí, Ecuador, Colombia, Venezuela, India, Paquistán, Emiratos Árabes, Indonesia, Singapur, Tailandia, Sri Lanka, Ghana ou Angola.
exercito español fora da Galiza!!!!!
Eu quero un exército galego. Algún día haberá que invadir a Raia Leste e o Norte de Portugal, digo eu.
Vaia lóxica a de Raimundo. Fainos falta exército para termos traballo. A razón de ser do exército é proporcionar postos de traballo.
Ou sexa, non se traballa para vivir facendo actividades que resolven as nosas necesidades de alimentación, medicina, comodidade, etc. Non, o que se fai é desenvolver unha actividade, necesaria ou non, para que nos paguen.
E digo eu, ¿se non é necesaria non poderían pagarnos sen facela? Iso se partimos da base de que o exército non é necesario (cousa que eu non afirmo), pero non se pode dar o argumento de que hai que ter exército para ter postos de traballo, porque por esa lóxica tamén poderíamos dicir que debe haber narcotráfico porque dá postos de traballo, ou que debe haber asesiños a soldo porque tamén é un posto de traballo.
Ademais, aquí non se tocaba o tema de se os exércitos son necesarios ou non, falábase de se debe haber en Galiza un exército español ou un exército galego independente. Non mesturemos os temas.
Se Galiza non ten un estado independente non pode haber loxicamente un exército galego independente. En cambio si que podería haber unha plena normalización do galego nunha Galiza dentro de España se se quixese facer. Un cambio na constitución e podería declararse o galego-portugués como único idioma oficial en Galiza.
#4 Xeonllo...¡Ah!... O do exercito galego ¿Iba en serio? Home pois...
Outra ruina, pero galega... a xunto coa da policia galega, a Cidade da cultura, o porto exterior de Coruña, a ampliación de Alvedro... mentras pague Madrid...
E se a lingua oficila de Galicia é o galego-portugués ¿Os ferroláns castelán-falantes só ibamos a ter traballo no exército español? ¿No exercito galego non nos admitirian? Mira ti... pagas imppostos pra esto...
Si, tamén se falaba do exército español e os seus gastos e pode debaterse se é necesario ou non. Eu coido que respondín ás dúas cousas, engadindo algunha outra. Reitero o dito, agás o de que non se falaba de se o exército era necesario ou non.
Home. Máis que Cristiano Ronaldo.
Mellor o exército galego que temos que non custa nada.
¡¡Exército fora!!... do mundo enteiro.
Curiosas as razóns de Raimundo #3. No mundo de droga traballan miles de persoas. Se lla legalizas, en que van traballar ? coa baixada de prezos e coa competencia desleal do Estado como pasa co tabaco.
Pois se lle sacas o emprego a todos os militares do mundo, quédanos un mundo menos invadido.
A paz mundial é un ideal polo que hai que loitar... mentras non chegue... e non está a volda da esquina... moitos galegos teñen un traballo... polo menos pra eso sirve...
E si se legalizan as drogas, outro ideal polo que hai que loitar... crearanse moitos mais postos de traballo que os que ofrece a mafia hoxendia..
O exército español é o peor de Europa occidental. Morren en tempos de paz en accidentes, tiros cando limpan a arma, chocan entre si os avións, caen os helicopteros. Propoño facerlles un test de intelixencia aos que queren entrar. Non deixa de ser o obradoiro de emprego dos cativos parvos da dereita que non valen para outra cousa e métenos de oficiais. Así fan as misións que fan.