Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeita o recurso

O Supremo confirma a sentenza contra Ugio Caamanho e Giana Rodrigues

A Audiencia Nacional condenáraos pola colocación dun explosivo nun caixeiro automático de Compostela en 2005.

Redacción / EP - 17:55 14/07/2009
Rodrigues e Caamanho, á chegada ao xuízo

Rodrigues e Caamanho, á chegada ao xuízo

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza ditada pola Audiencia Nacional contra Ugio Caamanho e Giana Gomes, que os condenaba a catro anos e nove meses e a tres anos de cadea, respectivamente, pola colocación dunha bomba nun caixeiro automático en Compostela en 2005.

O tribunal coincidiu co criterio da Fiscalía e desestimou, deste xeito, os recursos de casación presentados polas defensas dos dous independentistas, que se presentaron nunha vista pública o pasado 14 de maio. A sala valorou que Gomes recoñeceu durante o xuízo a súa pertenza a un grupo independentista e que definira a violencia como un concepto "moi abstracto" e que non sabía dicir sobre se estaba de acordo no uso de artefactos explosivos.

Segundo o Tribunal Supremo, o recoñecer formar parte dun grupo independentista e o feito de colocar un artefacto explosivo nun caixeiro é un "indicio poderoso" de propósito terrorista, sen ser en si mesma proba directa. Si considerou proba directa o testemuño de dous policías que declararon ver a Caamanho e a Gomes camiñaren xuntos antes da colocación da bomba e que a rapaza levaba unha bolsa pesada en que "obviamente ía o explosivo".

Segundo o mesmo testemuño, as dúas persoas despois separáronse e, ao se lle solicitar a documentación a Giana Gomes, ocultoulles a súa identidade verdadeira. Despois atopáronselle restos do explosivo no automóbil. No que se refire a Caamanho, a Policía considerouno sospeitoso polo seu disfrace. Nese momento, o mozo informou os axentes do lugar de colocación da bomba.

Porén, o Tribunal Supremo desbota o argumento da defensa de que a información a Policía fose un atenuante por colaboración cos axentes da autoridade, e considera que foi "consecuencia do feito de estar xa detido".


2.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: