Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito laboral

Dez horas ao día nos estaleiros de Viana, fuxindo da folga do metal

O 'Jornal de Notícias' fala con traballadores galegos que se queixan do paro en Vigo e prefiren renunciar aos seus dereitos á outra beira do Miño.

Redacción - 11:45 15/07/2009

O conflito laboral no metal pontevedrés levou a ducias de traballadores galegos a decidir marchar traballar aos estaleiros de Viana do Castelo, no Norte de Portugal. O Jornal de Notícias publica esta cuarta feira as impresións destes operarios do metal que fuxindo da folga atopan condicións laborais que poderían violar os seus dereitos.

O diario comenta que a súa presenza se nota estes días, principalmente, nos cafés e restaurantes da zona ribeirinha, ao lado dos Estaleiros Navais de Viana do Castelo (ENVC). Os sindicatos falan dun milleiros de galegos deslocalizados para a empresa vianense ao servizo de Barreras, o maior estaleiro de Vigo, para dar cumprimento ás encomendas máis urxentes.

Algúns recusan dar a cara, di o JN, por medo a represalias. "Se en Vigo nos ven no xornal imos ter problemas", sinala un traballador, que argumenta: "Vimos para aquí porque nos obrigan, porque aquí gañamos diñeiro e alá estamos parados". Entre os deslocalizados hai quen regresa á casa todos os dias, e os hai que levan na cidade dúas semanas, aloxados por grupos en apartamentos.


1.57/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: