ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación no Día da Patria

Causa Galiza receita "soberanía nacional contra a crise do capital"

A plataforma a prol do dereito de autodeterminación convoca a manifestación do sábado e presenta un programa de actividades lúdicas.

Redacción - 18:15 20/07/2009
Cartaz deste ano (clique para ampliar)

Cartaz deste ano (clique para ampliar)

A plataforma social e política Causa Galiza convocou este luns con motivo do Día da Patria unha manifestación que se celebrará este sábado en Compostela. O lema elixido este ano, o terceiro consecutivo, é "Contra a crise do capital, soberanía nacional". A marcha partirá ás 13.00 horas da Alameda.

Posteriormente, está prevista unha xornada cun xantar popular e un programa de actividades culturais, deportivas e políticas no parque de Belvís, entre outras: palestras, presentacións de libros, xogos populares, actuacións musicais e proxeccións.

O voceiro da plataforma, Pedro Alonso, explicou que o Día da Patria deste ano está marcado pola "grave crise socioeconómica capitalista que atenaza a sociedade e provoca o aumento do desemprego, a temporalidade e a precarización; o feche de empresas e a aplicación de EREs, moitos sen xustificación, a emigración da mocidade e o asalto xeneralizado aos dereitos sociais".

Neste contexto, defende Causa Galiza, "é máis necesario que nunca demandar o dereito de autodeterminación". Consideran que "na actual situación de dependencia", o país "está a xogar unha partida coas mans atadas, e neste contexto sempre seremos de segunda".

O manifesto, lido por Laura Bugallo

Por outra banda, Alonso informou de que ao remate da manifestación se lerá un manifesto como vén sendo habitual. Nesta ocasión a encargada de o facer será "unha persoa destacada polo seu traballo no ámbito sindical e nomeadamente na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes: Laura Bugallo, que ademais hai dous meses pasou por uns malos momentos persoais, precisamente polo seu compromiso sincero".

Na presentación, que tivo lugar no local social A Gentalha do Pichel, ademais de Alonso, estiveron outros membros da Portavocía e representantes da media ducia de correntes políticas que a integran (Corrente Vermella, Espaço Irmandinho, Fronte Popular Galega, Movemento pola Base, NÓS-Unidade Popular e Partido Comunista do Povo Galego), así como de diversos colectivos e locais sociais.


4,81/5 (32 votos)


Comentarios (12)

ecoe #1 20/Xullo/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Por fin han ir xuntas Fpg e Nós?

giao #2 20/Xullo/2009 giao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ham ir juntas à mani... e até o ano que vem.

venvacapradiaaaante #3 21/Xullo/2009 venvacapradiaaaante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gosto moito do sistema este de escenificar as roldas de prensa con un grupo amplo de persoas dando a cara.
Como sabedes é moi utilizado en Euskal Herria polo MLNV, e é unha boa maneira de que militantes que son referentes sociais nos diferentes frentes (político, cultural, euskara, pro-amnistía, ecoloxista, sindical,etc.) arroupen convocatorias ou posicionamentos políticos.

Só que claro, na foto deste artigo, quitando a Joam e a Bugallo, ¿o resto quen veñen sendo?.

ecoe #4 21/Xullo/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O Pedro Alonso non portén a ningunha formación política. Non é o do colectivo ecoloxista Verdegaia?

breoghain #5 21/Xullo/2009 breoghain
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Adiante com Causa Galiza, e que nom fique todo no 25J.

Novas dinámicas e convocatórias, fora de pessoalismos e particularismos liquidacionistas, som necessárias para salvar GZ do negro manto do fascismo espanhol do PP e Psoe que nos aplasta,

Se todos baixasem o lombo como o venerado Che ou Reboiras, e nom percurasem protagonismo, melhor iria todo para o soberanismo.

Cuevillas #6 21/Xullo/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Home. Os de Nós-Up son os típicos que copian ao MNLV nos xeitos de se expresaren e nos cartaces. Non comparto 100% o da luita contra o capital, e moito menos as ideas nas que se basea.
Eu síntome máis achegado á FPG no seu ideario independentista, moito máis galeguista pola figura de Méndez Ferrín.
Estaré nesa manifestación cunha bandeira do escudo galego co cálice.
Por certo, Ainda estou agardande que conqueriu para Galiza Reboiras

Soberanista #7 21/Xullo/2009 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Dá gosto ver na imagem a gente da AMI, de Nós-UP, da FPG, de Ceivar... e todos na mesma plataforma unindo esforços por uma CAUSA comum, que é GALIZA.

Tam difícil seria plasmar isto num partido político?

Como vemos, nom é impossível.

xirona #8 21/Xullo/2009 xirona
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Agardo que máis cedo que tarde teñamos para o País unha ferramenta política que agrupe a todas/as os/as independentistas.
Será verdadeiramente tan complicado?

Bo Día da Patria!

GalizacapitalBraga #9 21/Xullo/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Passárom dous anos da primeira manifestaçom conjunta. Quantos ham de passar para se decatar que o segundo passo é a unidade orgânica (com plena autonomia comarcal)? Melhor umha unidade plural que umha pluralidade de grupos monolíticos. Algúns pensarám: se nom som quem de se artelhar entre eles, como pensam artelhar a naçom? Cumpre valentia e determinaçom.

cabodomundo #10 21/Xullo/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

de risa

Abril #11 22/Xullo/2009 Abril
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ja van varios anos de Causa Galiza e se pode dicir que está pasando por um bo momento. Ja está estabilizada como ferramenta aglutinadora para datas como o dia da constituiçom ou o día da Pátria.

Acho que o próximo passo é trabalhar nom só como assembleia de independentista para datas concretas, senon todo o ano como ja se está comezando a fazer. CAUSA GALIZA NOM É UMHA PATAFORMA ja que nom se pode participar em representaçom de nemgum colectivo e o voto e por pessoa, nom por colectivo representado: Fica bastante claro na normativa deste organismo.

rinlo #12 22/Xullo/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Si ho, provavelmente nos salve a soberania nacional. Antes de criarmos a República da Galiza haverá que inventar os cidadãos galegos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: