Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
De orixe irlandesa

Morre o escritor Frank McCourt

Acadara fama internacional coa publicación da novela "As cinzas de Ánxela".

María Golpe - 10:30 22/07/2009

O escritor Frank McCourt morreu en Nova Iork aos 78 anos. Nacido en Brooklyn nunha familia de emigrantes irlandeses, McCourt alcanzou fama internacional trala publicación no 1996 da súa obra autobiográfica Angela's Ashes (AAs cinzas de Ánxela), que recibiría o premio Pulitzer ao ano seguinte.

A obra recolle as memorias de infancia de McCourt no Limerick dos anos corenta, cidade irlandesa á que a familia regresou sendo McCourt un neno. Xa de mozo, McCourt regresou aos Estados Unidos, onde exerceu de mestre. Esta época da súa vida está recollida en dúas obras posteriores, ‘Tis (É) e Teacher Man (Mestre). As cinzas de Ánxela foi adaptada para o cine e o filme do mesmo nome, dirixido por Alan Parker, presentouse no 1999.

"Peor que unha infancia miserable ordinaria é unha infancia miserable irlandesa, e aínda peor é unha infancia miserable católica irlandesa", comeza McCourt as súas memorias de infancia, que o colocarían como pioneiro do sub-xénero literario chamado ‘misery memoir’ (ou memoria miseria).


3/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: