Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO ÉXITO DO ANO PASADO

Do areal ao peirao, homenaxe á memoria do noso mar

O Museo do Mar amosará por toda Galiza unha exposición con novas imaxes que amosan a transformación das ribeiras galegas dende comezos de século.

Redacción - 10:00 26/07/2009
A Memoria do Mar propúxose tirar do esquecemento o recordo visual da vida ao carón do mar

A Memoria do Mar propúxose tirar do esquecemento o recordo visual da vida ao carón do mar

A primeira das vilas costeiras que percorrerá esta nova mostra será Cedeira, onde xa se pode visitar a exposición enmarcada baixo o título "Do areal ao peirao". É a segunda volta dun proxecto ideado polo Museo do Mar de Galiza e que xa recalara con recoñecíbel éxito en diferentes concellos do litoral a xeito de mostra fotográfica baixo o nome de "Cos pés no mar".

Ambas exposicións forman parte da iniciativa "A Memoria do Mar", un proxecto que se propuxo tirar do esquecemento todo un patrimonio visual vencellado aos nosos peiraos que se repartía entre as múltiples mans particulares e anónimas dos que viven ao carón do mar. Así, aos poucos, foi creándose un importante arquivo que reúne unha grande base de fotografías persoais de centos de mariñeiros e das súas familias. Na actualidade, esta galería de imaxes conta xa con catro mil imaxes procedentes de máis de 200 doadores en 25 concellos costeiros.

Recolleita
A base deste arquivo, que se pode consultar en internet, foi a recolleita dos técnicos do proxecto, que percorreron durante meses as confrarías galegas, onde mariñeiros e familiares lles achegaron milleiros de imaxes, que foron escaneadas a alta resolución e devoltas xunto cunha copia en disco como agradecemento.

A inxente cantidade de imaxes recollidas permitiu a súa organización en diferentes bloques temáticos: "Cos pés no mar", "Do areal ao peirao" e "O mar mirado". O segundo deles é o que se poderá visitar este verán nos diferentes concellos costeiros. Os areais de comezos de século, a evolución dos varadoiros ou a progresiva mecanización do traballo portuario, coa aparición dos guindastres ou das poxas son algunhas das estampas que ofrece a mostra.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Pago dunha mutua por enviuvamento (A Guarda, 1952)
Pago dunha mutua por enviuvamento (A Guarda, 1952)
Embarcación con 12 homes á bordo co Berbés ao fondo (Vigo, 1963)
Embarcación con 12 homes á bordo co Berbés ao fondo (Vigo, 1963)
Embarcación de altura, no Canadá, con bacallao a bordo (1955)
Embarcación de altura, no Canadá, con bacallao a bordo (1955)