Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sondaxe a nivel estatal

Barómetro do CIS: o PSOE baixa, o PP e o BNG soben

Conservadores e nacionalistas aumentan en dúas décimas o seu apoio respecto a enquisa de abril, mentres que os socialistas caen un 1,8%.

Redacción - 17:45 27/07/2009
O PP levaría a maioría dos votos

O PP levaría a maioría dos votos

O PP sería o partido máis votado no Estado de se celebrar agora as eleccións xerais, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que revela que o seu apoio aumentaría en dúas décimas, a mesma porcentaxe que o BNG, respecto ao publicado en abril.

Pola súa banda, o PSOE perdería 1,8 puntos ficando relegada á segunda posición. Os conservadores españois non superaban os socialistas en estimación de voto desde 2004. En concreto, os primeiros recabarían o 40,2% dos sufraxio, por un 39% dos segundos. Os nacionalistas chimparían deica o 0,8%.

A enquisa, publicada este luns e realizada entre o 7 e o 13 de xullo, atribúelle a IU o 4,6% dos votos (unha décima máis que o último barómetro); a CIU, un 3,4 (a mesma porcentaxe); a UPyD, un 3,2 (sobe tres décimas); a ERC, un 1,6 (unha décima máis); e ao PNV, un 1,2 (máis dúas). Coalición Canaria (0,5%) e NaBai (0,1%) non computaron na sondaxe de hai tres meses.

Todos os líderes suspenden

Respecto á valoración de líderes, o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero (PSOE), segue a ser o que conta con máis simpatías aínda que non chega ao aprobado e fica nun 4,27 de media. Séguelle Rosa Díez (UpyD: 4,12) e o portavoz de CIU no Congreso, Josep Antoni Duran i Lleida (3,7).

A continuación se sitúan Mariano Rajoy (PP: 3,55); o presidente canario, Paulino Rivero (3,37); o coordinador xeral de IU, Cayo Lara (3,12); o presidente de ERC, Joan Puigcercós (2,98); a deputada de NaBai, Uxue Barkos (2,96); o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez (2,76); e, pechando a listaxe, o presidente do PNV, Iñigo Urkullu (2,7).


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: