Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Financiamento a debate no Parlamento

O PPdeG acusa os socialistas de seren "ariete de Zapatero"

O voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruíz Rivas, considera que a Xunta resolve o asunto con "total transparencia, diálogo, firmeza e lealdade institucional".

Redacción - 18:30 30/07/2009

"O lóxico é absterse, pero o partido non rematou", comentou o voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruíz Rivas, durante a súa intervención este xoves no Parlamento. Ironizou o popular con que o novo modelo "é maná" para os socialistas e "negativo" para os socialistas, retrucando que no medio desas posicións "o lóxico entón é absterse".

Reprobou Manuel Ruiz Rivas que os grupos da oposición critiquen a postura do presidente da Xunta ante a negociación do novo modelo de financiamento autonómico e censurou que os socialistas galegos "actúan como un ariete" do presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, "contra a porta de Galiza". Ao tempo, interpretou que o BNG "volvería vender Galiza se continuase na Xunta". Rivas teimou en que Galiza sae "prexudicada" da nova repartición de fondos e definiu o novo sistema de "inxusto e insolidario". "Realizouse baseándose na estabilidade parlamentaria do PSOE e para favorecer os seus caladoiros de votos", denunciou.

Ao fío, cualificou o novo modelo de "chantaxe" consumada "coa axuda de cómplices" que, como o BNG no seu momento, "apoian presupostos e a ministras infames"; aínda que celebrou que o cambio de Goberno en Galiza permitiu "un mellor resultado", coa obtención duns 200 millóns de euros adicionais "por parte do goberno do PP".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: