Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ENTRE FOUCIÑOS E UROGALOS

Dende O Pino até os Ancares, fin de semana billardeira

Os palanadores e palanadoras desputarán o Gran Aberto Fouciño de Ouro o sábado e o Aberto do Urogalo o domingo.

Redacción - 10:00 08/08/2009
As zonas cero billardeiras son esta fin de semana O Pino e Cervantes / Foto: ACD Furabolos

As zonas cero billardeiras son esta fin de semana O Pino e Cervantes / Foto: ACD Furabolos

As zonas cero billardeiras desta fin de semana serán O Pino e Cervantes. Así o adiantan dende a Liga Nacional de Billarda que adiantan que "a espectacular máquina de mallar da LNB" xa está acendida.

A primeira das disputas celébrase o sábado no marco do festival do Pino-Folk. Ao mediodía os palanadores e palanadoras probarán puntería no concurso de triplas paralelo á concentración de coches antigos. Xa despois do xantar de irmandade, afiarán os dentes para a disputa do Primeiro Aberto Fouciño de Ouro, organizado por ACD Furabolos, coa colaboración de Reviravolta. Os triunfadores desta loita billardeira faranse acredores do correspondente fouciño de ouro, de prata ou de bronce.

Xa o domingo, a caravana de carros trasladarase até Os Ancares. "Arrodeados de urogalos e osos galegos", os palanadores e palanadoras chegarán ao concello de Cervantes para disputar o xa mítico II Aberto do Urogalo. Así o adiantan dende a LNB: "nun concello habituado aos pacíficos bois nin un touro bravo ceibe puido ultrapasar no ruxe-ruxe popular ao creado polo aberto de billarda". A partir das sete da tarde e no polideportivo de San Roman volveranse a ver as mellores xogadas do deporte billardeiro.


Ligazóns

4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: