Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATRO TRIMESTRES EN NEGATIVO

Cun ritmo de caída contido, a economía estatal non repunta

O PIB caeu o 1% no segundo trimestre e sitúa a súa variación interanual no -4,1%, unhas cifras que confirman unha moderación no descenso da actividade produtiva.

Redacción - 11:00 14/08/2009
Logo de entrar en recesión (dous meses consecutivos en crecemento negativo), a economía española encadeou outros dous trimestres en números negativos

Logo de entrar en recesión (dous meses consecutivos en crecemento negativo), a economía española encadeou outros dous trimestres en números negativos

Á espera de que o Instituto Galego de Estatística (IGE) ofreza os datos económicos galegos do segundo trimestre do ano, coñecemos os referentes á economía española, que deparan unha continuada desaceleración. En concreto, o Produto Interior Bruto (PIB) do Estado Español caeu un 1% no segundo trimestre e sitúa a variación interanual no -4,1%.

A caída é menos pronunciada que a rexistrada nos tres primeiros meses do ano (cando o PIB afundira un 1,9%), se ben a taxa interanual volver ser o peor rexistro dende que comezasen a elaborarse estas estatísticas, en 1970. Os datos, feitos públicos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE) son peores dos previstos polo Banco de España, que estimaba unha caída interanual do 4% e un descenso intertimestral do 0,9%.

A economía continúa en recesión
Malia que se mantén a tendencia á baixa na economía, todos os axentes económicos subliñan que o ritmo de caída é máis contido, o que apunta a unha certa ralentización do descenso de actividade e do axuste do mercado laboral.

Así as cousas, esta é a cuarta caída do PIB en taxa intertrimestral: no terceiro trimestre de 2008 caera un 0,2%; no cuarto, o 1%; e no primeiro deste ano, un 1,9%. Cos resultados deste segundo trimestre do ano, xa se suman catro consecutivos nos que se contrae a economía, que oficialmente está en recesión dende finais do ano pasado (dous trimestres de crecemento negativo).


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: