Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resolución da Xunta

A primeira inxección de Feijoo aos medios: 2,5 millóns de euros

O grupos editores de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, El Correo e El País acumulan a maior parte dos cartos.

Redacción - 11:05 14/08/2009

A austeridade non lle afectará ás axudas económicas a medios de comunicación que nesta primeira resolución aprobada polo novo Goberno mesmo estarán un chisco por riba da partida similar que hai un ano outorgaba o bipartito.

O Diario Oficial de Galicia fai pública este venres a resolución, con data de 25 de xuño, da Secretaría Xeral de Medios, que lle dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión. Unha convocatoria que lle toca resolver ao equipo de Alberto Núñez Feijoo pero cuxa convocatoria fora aberta xa na altura de novembro de 2008 .

Serán algo máis de 2,53 millóns de euros a repartir entre 27 empresas, malia que en moitos dos casos trátase de empresas baixo o abano dun mesmo grupo empresarial. Así por exemplo, o máis beneficiado, o grupo Voz, recibe 996 mil euros para La Voz de Galicia SA e á vez ingresa 19.410 euros a través de Canal Voz SL e 8.249 euros para Voz de Galicia Radio SLU. Séguelle o grupo Prensa Ibérica, que recibe a inxección de 397 mil euros para o Faro de Vigo e outros 53.479 euros para La Opinión de La Coruña SL. O contorno do grupo lugués do Progreso rabuña 180 mil euros para El Progreso de Lugo SL, 84 mil para Lérez Ediciones SL (Diario de Pontevedra), e pequenos ingresos tamén para AGN SA e Sar Comunicacións. O Grupo Correo accede a 179.886 euros a través de Editorial Compostela SA. A lista abrangue incluso diarios madrileños, como El País, que cobrou 158.336 euros. O mesmo contorno do grupo Prisa vese favorecido por diferentes ingresos: 12 mil euros para a SER SA e cantidades similares para as diversas emisoras vencelladas nas principais cidades. A lista completa poden consultala na imaxe adxunta.


2.39/5 (28 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: