Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Racing golea ó Oviedo

O Racing de Ferrol venceu por goleada, ante o Oviedo. Os goles de Manu, Manel, Michel e Pazolo sentenciaron un 4-0 no marcador, que evidenciou a constante superioridade do equipo que adestra Arteche.

- 21:16 21/02/1999
Tags:

Un magnifico xogo amosou oRacing de Ferrol ante o Oviedo no partido desputado na tarde do domingo 21 de febreiro no Campo de A Malata.

Por K.O. gañou o Racing de Ferrol, logo duns primeiros minutos nos que o Racing tivo que aguantar a empuxe do Oviedo, que pouco a pouco se foi desmoronando ante a superioridade do Racing. 12 tarxetas tivo que ensinar o colexiado deste encontro.

O cambio de esquema de xogo, pode ser a clave do éxito do equipo de Arteche, que voltou ó seu 4-4-2 co que conseguiron as súas cinco victorias anteriores.

Os xiareiros do Racing de Ferrol disfrutaron do bon xogo amosado en todo momento polos departamentais. Sumando os puntos desta nova victoria o equipo volta a soñar coa entrada na promoción de ascenso de categoría.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: