O colectivo cultural Fala Ceibe solicita o acordo entre Xunta de Galicia e Junta de Castilla y León para facilitar a recepción do sinal da canle pública galega.
Unha reclamación que se inscribe no propio deber da Junta de Castilla y León de apoiar a lingua galega, que tal e como recolle o Estatuto desa comunidade autónoma, estabelece que "gozará de respecto e protección da lingua galega nos lugares nos que habitualmente se utilice". Citan tamén a obriga legal de "non discriminación e respecto da diversidade dos distintos colectivos étnicos, culturais e relixiosos presentes en Castela e León", en "referencia implícita á minoría lingüística galego-berciana.
Xa que logo, para a asociación Fala Ceibe é fundamental para a protección e fomento do idioma galego na comarca que os veciños poidan recibir a canle audiovisual pública de Galiza. Lembran que a situación actual, coa inminencia da desaparición da televisión analóxica, impedirá ver as emisións da Galega no Bierzo. "Até o de agora puidemos fozar do único medio de comunicación televisivo que serviu para fomentar e prestixiar o noso idioma propio", subliñan, destacando o éxito de programas como o Xabarín entre os cativos ou o Luar entre os maiores, ademais do amplo seguimento dos telexornais e os partidos de fútbol.
Fala Ceibe propón que Xunta e Junta asinen un convenio de colaboración para que o sinal da TVG dixital se poida ver no Bierzo despois do apagamento tecnolóxico. Recordan que o real decreto en elaboración para a televisión dixital terrestre fai posíbel isto a través do chamado "terceiro múltiplex". Con todo, esa posibilidade esixe necesariamente do acordo entre as administracións implicadas para o regulamento das emisións e o mantemento das instalacións necesarias. Advirten desde o colectivo de que acordos deste tipo xa foron impulsados en Cataluña e Valencia (para a visión compartida de TV3 e Canal 9) ou en Euskadi e Nafarroa (coa ETB).
Ânimos desde a Galiza Oeste.
Também deveriam pedir a recepção das TVs portuguesas. As falas do Berço assemelhariam-se mais às RTP do que às TVG...
Tudo o que for ficar sem TV (na língua que for) é algo que merece festa rachada. Apagamento total JÁ.
Semella un conto, mas ainda do miserenta que é a TV i en concreto a TVG, é posivelmente necesaria no Berzo (e demáis extremeiras) como alí onde se fale galego, e tanto!!
ANGR, na RTP falan coma o carallo, con acento árabe de Lisboa, e co dialecto portugués padrão, que nada ten que ver co que se fala no Porto ou mesmo en Monção. O que pasa que ti és dos que pensan que imos copiar a Portugal por "guais del Paraguai". Que eles aprendan de nós!!!
Gostaríame que entrara no norte de Portugal a TVG, así lembran como era a fala dos seus avós, e non a lisboeta, e que os bercianos poidan disfutar da nosa televisión. Tamén sería bonito que entrara o dialecto "repipi" da RTP no sul galego.
Eu teño unha solución: xuntar firmas, ou poñer bombas.
Para algo tinham que fazer "valer" a inevitável mudança à TV por cabo... Olha para o que era.
Maus tempos para a nossa língua.
Os ataques som desenvolvidos em vários frentes.
DIGNIDADE !
As respostas deveriam proporcionar-se devidamente.
Se perdemos a língua para que quereremos sermos livres?
Se perdemos o verde e azul da nossa natureza para que quereremos sermos livres?
Para sermos um segundo estado "españolito" no noroeste?
Se perdemos a nossa natureza e cultura e se perdemos os nossos choios e retrocedemos nas conquistas sociais nom poderemos sermos livres.
DIGNIDADE !
Lamento profundamente que lle pase iso ao Bierzo e estou disposta a axudar en algo, se é que podo.
Malos tempos para a lingua. E tan malos. Iso que a nosa lingua é única por irrepetible -como todas- e por variada -como ela soa. Dá xenio botarlle un vistazo a este taboleiro e ver as nosas variantes. Iso que todos facemos esforzos por non escribir en dialecto, senón en lingua normativa.
Se o que se fala na telegaita é galego, ben poderíamos apagar.
... e porqué non nos preocuparemos das nosas cousas???
.. e que acaso temos que ser os salvadores do mundo???
A los del Bierzo les trae sin cuidado ver o no a Gayoso falando jalejo.
A pesares do que significa a televisión, da desmobilización que conleva, de que sexa (case) sempre mensaxeira do poder, do que significa a TVG, do seu galego...
non deixa de ser unha boa ferramenta para que xente da Galiza exterior manteña unha mínima conexión coa nosa lingua e un certo nexo coa nosa cultura
mágoa