A iniciativa parlamentaria ten lugar pouco despois de que Fala Ceibe do Bierzo denunciara que a comarca corría o risco de quedar sen a canle pública.
O deputado nacionalista Bieito Lobeira anunciou este sábado que vén de presentar unha proposición non de lei pola que lle demanda ao Goberno que negocie con Castela León e Asturias a sinatura de convenios para que as comunidades galegofalantes do Bierzo, A Seabra e A Terra Eo-Navia poidan recibir o sinal da TVG dixital. A iniciativa ten lugar poucos días despois de que o colectivo Fala Ceibe do Bierzo denunciase que supresión da televisión analóxica podía afectar de cheo á comarca.
Lobeira lembra que en función do Real Decreto da TDT poderán recibirse as canles públicas de televisión fóra do seu ámbito autonómico cun terceiro múltiplex xa que a concesión do mesmo pode lograrse cun simple acordo entre as comunidades afectadas. Isto xa está a acontecer en Cataluña onde a Generalitat está a negociar con Aragón e Valencia e en Euskadi, onde van comezar as conversas con Navarra para que se poida ver Eitb en dixital.
O parlamentario tamén resalta que a Xunta ten a obriga, polo Plano de Normalización Lingúística, de facilitar o acceso aos medios de comunicación públicos de toda a comunidade lingüística, incluso nos territorios galegofalantes que non entran dentro do actual marco administrativo.
pra ver tele-pp, mellor lles era ter as teles portuguesas...
Aquí si que é apropiada a frase de "para que vale o galego cando pasas Pedrafita?"
Cando está a atacar tanto o noso idioma, o mesmo ca nosa cultura, xa dentro de Galiza ¿fará algo este governo por promocionalo fora de ela? coido que no que andan máis ben atarefados en promocionar o castelán aquí.
Reduzido às 4 gaiolas espaÑolas. Assim está Rivas na RAG. Pior para ele.
Todo o que sexa coñecer moitas língoas é o mellor. Eu estou encantado con ver as autónomicas de Cataluña e a ETB vía "R", porque aprendo xiros lingüisticos e a entender mellor eses pobos.
Moito máis aínda é positivo neste caso, onde o GALEGO É A LINGUA PROPIA E NATURAL destes territorios. Aquí aplauso a proposta do BNG.
Lembro unha vez estando en Bembribe (Bierzo oriental xa non galegofalante), un home nun bar que me dixo: "¿Eres gallego?, Saque de curruncho!". Eso porque ollaba o fútbol no TVG!! Eu fiquei moi contento, porque esas pequenas cousas serven moito, e ás poucas van facendo país.
Agardo que "Frigholito" escoite e cumpra un dos artigos do Estatuto de Autonomía onde di que hai que "promocionar o galego, única língua propia e natural de Galiza".
Agardo tamén que Galicia Bilingüe defenda o "bilingüismo" nestes sitios, como propoñen na portada da súa web.
Creo que en "Castela" (¿qué coño es eso?) y Asturias, están indignadísimos por el hecho de no poder ver a Gayoso los viernes por la noche en jalejo.
Indignados non, pero ti non sabes a penetración que ten o "luar" por exemplo (xa que o citas) no Eo-Navia. Moita xente ve Luar neses sitios. E ben sabes que a función disto é inserir a lingua para recuperar a memoria, e no fondo crear crear conflitos co sistema estabelecido. Meter galego alí para que en Valedolide horneen, eis aquí a función.
Gaviotero vai rañala por aí, que prefires que vexan a intelectualidade de Sálvame, OT, e demais merdas de Antena 3, Tele5, TVE, etc., etc.
No Eo-Navia xa non se ve a TVG en partes de Navia, Coaña, non se viu nunca en Ibias, nin en Negueira de Muñiz. En troques vese a TPA en boa parte da Mariña e do leste lugués. Despois quen invade a quen? E no Bierzo un tanto do mesmo.
si vamos, as xentes de león e zamora se fosen preguntadas, pedirían ver a TVG como a primeira das súas reivindicacións/solucións ou problemas a subsanar de inmediato. sobre todo no rural... manda carallo!
Certo cabodomundo, non é unha medida decisiva, clave, imprescindíbel, mais non por iso deixa de ser unha boa medida para manter un nexo co galego e co país que supón a TVG na Galiza exterior.
Así mesmo, como xa se ten requerido, é igual de importante que se poidesen ver as canles portuguesas no noso país.
Mais vese que a algúns lles molesta.