Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Programa piloto

Empregados do Parlamento participarán nunha experiencia pioneira de teletraballo

Cinco funcionarios formarán parte desta iniciativa a prol da conciliación da vida familiar e laboral, que podería estenderse a outras institucións.

Redacción - 12:05 26/08/2009

En principio serán só tres meses, prorrogábeis a outros tres, e a xeito de "programa piloto". Os cinco traballadores foron elixidos en función de criterios tales como a existencia de familiares dependentes, ben enfermos que precisan coidados, maiores ao seu cargo ou fillos menores de doce anos. A Cámara financiaralles mesmo a colocación nos seus fogares dun computador, teléfono e conexión de banda larga.

A idea foi aprobada pola Mesa da Cámara e entre as metas esperadas, expoñen desde o Parlamento, están, alén de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a potenciación do traballo por obxectivos e o aumento da motivación e o rendemento do persoal. Outra vantaxe valorada é a diminución do absentismo laboral, xa que o teletraballo "permite compatibilizar con maior facilidade as responsabilidades persoais, familiares e laborais das persoas que optan por esta experiencia". A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, agarda que a experiencia "permita extraer conclusións valiosas de cara a afondar na introducción de estratexias que favorezan a conciliación". "Debemos dar exemplo e liderar a implantación de medidas que impliquen avances sociais que redunden en beneficio dos traballadores”, dixo Rojo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: