Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións lexislativas

Viraxe de poder en Xapón

Confírmase o prognóstico das enquisas, e os conservadores do PLD afunden en favor dos centristas do Partido Democrático.

Redacción - 20:35 30/08/2009
Yukio Hatoyama, líder do Partido Democrático

Yukio Hatoyama, líder do Partido Democrático

Así, o conservador Partido Liberal Democrático (PLD), encabezado polo actual primeiro ministro, Taro Aso, sufriu finalmente a histórica derrota histórica que lle agoiraban as enquisas. Logo de case sesenta anos pilotando Xapón, o PLD afunde nesta cita coas urnas desde os 303 escanos conseguidos nas anteriores eleccións (dun total de 480 asentos no Parlamento), até só 119.

O voto de castigo que os analistas predicían para o PLD é colleitado da outra banda en forma de apoios polo centrista Partido Democrático (PD), que abrolla como claro vencedor destes comicios. Terá 308 escanos, unha clara maioría na Cámara Baixa (tiña até o de agora 112 representantes). O PD xa controlaba o Senado desde o verán de 2007 e agora, froito dos resultados da votación deste domingo, poderá colocar o seu líder, Yukio Hatoyama, no cargo de primeiro ministro. O primeiro ministro en funcións, Taro Aso, xa anunciou que deixará paso a novas caras no seu partido.

Para ampliar:


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: