Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POSICIONAMENTO MORNO?

Feijoo volve rexeitar, con matices, a moción de censura de Silleda

O presidente sinala que non lle gustaría que saíse adiante pero bótalle a culpa da situación ao propio PSdeG.

Redacción - 13:50 29/09/2009

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, non quere que haxa moción de censura en Silleda. Porén, das súas palabras despréndese que os concelleiros conservadores deste municipio poida que non lle fagan caso e, por iso, xa se apura a sinalar que o culpábel último da crise sillendese é o PSdeG, por “non controlar” os seus edís.

Ademais, Feijoo apúrase a subliñar que o caso de Silleda non é comparábel co de Benidorm porque no municipio dezao “non hai problemas urbanísticos” senón un simple problema interno de gobernabilidade polas discrepancias dentro das filas socialistas.

As declaracións de Feijoo prodúcense cando se considera que é inminente a presentación da moción. De feito, medios como El País publicaron a semana pasada que os concelleiros tránsfugas xa asinaron o documento cos edís do PPdeG e só resta presentalo no Rexistro do Concello.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: