Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
UNHA RADIO AFRO-LATINOAMERICANA

Presidente venezuelano inaugura a Radio del Sur

"Para afortalar a cultura e a historia da América Latina, o Caribe e  África e co obxectivo de facer presentes as loitas políticas revolucionarias dos povos do sul do mundo", o presidente venezueano, Hugo Chávez, inaugurou a Radio del Sur.

Xurxo Martínez Crespo - 17:36 30/09/2009

Desde Caracas, através do dial 98.5 FM, enlazados con12 frecuencias nas cidades de Maracaibo (Zulia); Puerto La Cruz (Anzoátegui); Valles del Tuy (Miranda); Guarenas (Miranda); Valencia (Carabobo); San Cristobal (Táchira); Mérida (Mérida), e o estado Vargas, escoitarase a programación da Radio del Sur que cobrirá máis do 40% do territorio venezuelano.

A rede de emisoras internacionais que transmitiran a Radio del Sur está integrada por 18 emisores da Arxentina; 10 en Colombia: 5 na Bolívia; 3 no Paraguai; 4 no Uruguai 2 Haiti; 3 na Nicaragua; 3 en Panamá e o Brasil; 3 no México e os Estados Unidos; 2 en Cuba, Perú e no Ecuador; 1 na Guatemala; 1 República Dominicana, Chile, El Salvador e 4 en Honduras.

O continente africano intervirá coa Radio da Gâmbia que receberá a programación en inglés enviada pola equipa de tradutores en Caracas e eles a traducirán a programación ás súas linguas nacionais.

Outras emisoras africanas que receberán o sinal radiofónico serán  Radio Benin e a Radio Internacional de Alxéria. En canto a Radio Nacional de Guinea Ecuatorial, receberá a programación en idioma español.

Alba, Mercosul, Petrocaribe, Banco do Sul, Universidad del Sur, Unasur, Gasoducto del Sur, son algunhas das fontes informativas que estarán presentes na Radio del Sur, así como os acordos bilaterais de cooperación..

A programación contará cun 35% de música venezuelana e latinoamericana. O 37% da programación será producida en Caracas nos estudos da Radio del Sur; em tanto que, o 63% serán espazos producidos polas radios colaboradoras do proxecto de toda a América Latina integradas con as emisoras do continente africano.

A iniciativa comunicativa é unha proposta do Goberno Bolivariano venezuelano. A radio poderá ser sintonizada em tempo real através do site: www.laradiodelsur.com


3.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: