Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE 1996 E 1999

Gravacións policiais desvelan unha trama ilegal para financiar o PPdeG

Redacción/EP - 17:35 06/10/2009
Tags:

A trama de financiamento ilegal do PP, acaba de estoupar tamén en Galiza. Este martes trascendeu unha comprometedora conversa entre o ex secretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo, e a súa muller. A policía, coa autorización xudicial, gravou o diálogo nunha visita á prisión de Soto del Real. No trascurso da mesma, Crespo fala da existencia de documentación que podería revelar a existencia de irregularidades no financiamento do PPdeG e expresa o seu temor a que se descubra. Segundo lle conta Crespo á súa muller, o propio líder do PPdeG naquel entón, Manuel Fraga, tivo unha copia deses papeis.

Poucos días despois, nunha conversa cos seus avogados (tamén gravada pola policía), Crespo fala da existencia dunha caixa de seguridade en Pontevedra onde están gardados os documentos e apunta que “isto vai traer problemas cando se levante o segredo do sumario”. A continuación consulta cos letrados a prescripción ou non dun posíbel delito de financiamento irregular.

Temor a que lle afecte á campaña electoral galega

Na conversa, que ten lugar días antes das últimas eleccións galegas, Crespo expresa o seu temor a que os xornalistas saiban da existencia desta documentación. O propio preso recoñece que se trascende á opinión pública pode afectarlle electoralmente ao PPdeG: “Se o sacasen esta semana, o lío que se pode montar é tremendo”.


4.71/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: