Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por "esforzos en favor da diplomacia"

Barack Obama leva o Nobel da Paz

Nos prognósticos aparecían a Coalición contra as bombas en acio, activistas de Chechenia ou disidentes chineses, mais o premio vai para o presidente estadounidense.

Redacción - 11:05 09/10/2009

"Por estimular o desarme nuclear e polos seus extraordinarios esforzos en favor da diplomacia internacional e a cooperación entre os pobos". Así chega desde Estocolmo a xustificación do outorgamento ao presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, do Premio Nobel da Paz 2009.

Obama segue así na lista ao ex presidente finlandés e mediador internacional Matti Ahtisaari, premiado en 2008, e o ex vicepresidente estadounidense Al Gore, quen apañara o galardón en 2007 xunto co grupo da ONU sobre o cambio climático.

O noruegués Instituto para a Investigación sobre a Paz especulara estes días con outros nomes para o premio. Entre outros, destacaba a Coalición contra as bombas en acio (CMC) e tamén subliñaban a senadora opositora colombiana Piedad Córdoba. A ex relatora da ONU para Sudán e presidenta da Comisión Independente de Dereitos Humanos de Afganistán, Sima Samar ou a avogada chechena Lidia Yusópova. O Instituto Nobel avanzara que nesta edición 2009 do premio había 205 candidatos, a maior cifra da historia.


2.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: