Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto ACB

O Xacobeo Blusens debuta con ilusión e expectación fronte ao Barça

O apoio popular está garantido, pois todas as entradas para o choque, no Multiusos do Sar ás oito, están esgotadas.

Redacción - 09:30 10/10/2009

O Xacobeo Blusens estréase este sábado na liga ACB, e faino ao grande. Enfrontarase ao FC Barcelona nun partido que comezará ás 20 horas no Pavillón Multiusos Fontes do Sar. As bancadas estarán ateigadas, pois xa se venderon todos os billetes para ver o partido, a pesar do seu prezo, de entre 30 e 50 euros.

Aínda así, ás 18 horas abrirase o despacho de Multiusos para poñer á venda 250 entradas máis, cumprindo coa lexislación. Para que non poida asistir persoalmente, o partido será retransmitido pola televisión: en directo pola 2 de TVE e en diferido, xusto a continuación, pola G2.

O equipo compostelán debuta na ACB, a segunda mellor liga do mundo con toda a ilusión. O Xacobeo aspira a que o colectivo de afeccionados e a cidade se identifiquen co equipo, algo que parece garantido vista a expectación espertada.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: