Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
Rumores de Boa Nova

Coñeces ao inspector Leo Caldas?

     Non me digas que a estas alturas da túa vida non coñeces nin a Leo Caldas nin a Estévez? Realmente non mo podo crer. Xa estás correndo á librería máis próxima e solucionando este problema. Estouche falando das dúas historias policiacas creadas polo escritor galego Domingo Villar.

Xan Guillén - 20:32 09/10/2009
Tags:

Coma toda boa novela policiaca forma parte dunha serie que comezou coa publicación da novela “Ollos de Auga”. Hai uns meses esta serie continuou con “A praia dos afogados”. Tanto unha como a outra teñen como lugar de desenvolvento Vigo e arredores (incluso na última novela aparece o noso querido Aguiño). Son como as boas novelas policiacas: entretidas, para pasar un bo rato… pero ademais é que está ben escrita. De aí o seu éxito. A verdade é que Domingo Villar está a gañar un cento de premios e recoñecementos. As súas novelas son traducidas a diferentes idiomas e é lider de ventas en feiras do libro e nas mellores librerías.

       Non é só bo que un autor teña éxito. O que tamén  é bo que esta obra teña as súas primeiras edicións en galego e que estas edicións se vendan coma churros. Sen dúbida é unha mostra de que a literatura galega madura e progresa. Agora non só temos libros bos, malos e regulares. Xa empezamos a ter grandes éxitos editoriais. Libros que gusta ler para pasar un bo rato na praia, no autobús ou na cama antes de durmir.  Invítovos a ler as súas novelas. Habedes de pasalo ben. 


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: