Repasamos con Antón Castro os discos máis emblemáticos da banda, que acaba de presentar o cd e dvd do proxecto 'Terra de soños”.
Vai facer un ano que Fuxan os Ventos volveron aos escenarios. Daqueles concertos celebrados no Auditorio de Galicia en Compostela os días 18 e 19 de outubro de 2008, naceu o disco Terra de soños, que vén de editar BOA Music. Trátase dunha publicación dobre en formato digipack: o cd inclúe 20 cancións, e o dvd 28 temas gravados en vídeo ademais dun making off con entrevistas a músicos da banda, convidados, colaboradores e grupos actuais.
Bravo por "Fuxan os ventos" tiven o gusto de velos o domingo en Lugo e acugularon a praza,seguen a estar en forma,seguen comprometidos co país e coa lingua animandonos a acudir a compostela o domingo,tamen tiven o pracer de velos o 18 de outubro do ano pasado no auditorio de Galiza onde me deixaron abraiado,grazas tamen os arranxos de X.Lois Romero,un fenómeno,e a banda de músicos que levaban así como os colabaradores,eso sí botei de menos,cando falaron de membros que xa non estaban en Fuxan,unha referencia mais explícita para dous persoaxes,que hoxe son dous referentes da vida cultural do país como son os premiados co pedron de ouro este ano os grandísimos Baldomero Iglesias "Mero"e X.Luis Rivas Cruz "Mini",fundadores do grupo,mais de "A Quenlla".Ainda asi longa vida a Fuxan e longa vida a A Quenlla o país necesitavos agora coma fai trinta anos
Rabeo por non poder asistir. Teño entendido que RNE R3 retransmitíu o concerto en directo, alguén ten idea de cómo acceder a archivos de audio do programa? Pagaría por poder escoitar o concerto aínda que fose en diferido.
E, convidaron a Mini e Mero? Os lembraron durante a actuación?
Cachamuina,ante a tua pregunta de si convidaron a Mini e Mero,case que a resposto eu,podendo asegurar que non lles dixeron nada,mais estou seguro de que no caso de dicirllelo,eles non o aceptarían,de todos é ben sabido que hai malos "ventos"entre eles.Eu xa non pido que os convidaran,xa me conformaba con que os lembraran e os mencionaran como o que son"membros fundadores do grupo e persoeiros ilustres da cultura e a dignidade da patria galega" total non custa nada quedar ben.Mirando polo lado positivo,a separacion de Mini e Mero por un lado e o resto polo outro,deu como resultado dous grupos que esperemos sigan a deleitarnos e a espertar a conciencia do pobo galego
Do mesmo xeito que fixeran o pasado ano no Auditorio de Galiza, a única referencia a Mini ou a Mero foi no final do concerto cando recordaron que a música de Sementeira foi composta por Xose Luis Rivas Cruz "Mini".
Nada máis.
A min personalmente resúltame un tanto penoso.
Por certo, creo que deberían sacar do repertorio pese a ser un dos míticos temas dos Fuxan, a canción Muller pois sen a voz de Mini queda totalmente desvirtuada por non falar do recitado que nestes concertos fixo Antón Castro!!
KRULL concordo nas túas apreciacions
so dizer que noraboa por todo o que vai feito por fuxan os ventos e ue siguan igual ou milhor. vinos en ferrol este veran e derom um pedazo concerto pena que a xente que estaba ali nom dera exemplo e nom fixeran caso cando o grupo pediu que se ergueran para dar um concerto melhor pero que se vai esperar de ferrol
noraboa
Non só a música da Sementeira, tamén a de Muller ou Romance da Lavandeira, así como a letra e música de Meu Amor é Mariñeiro, Longa Noite, Melra Melriña... Por non falar da súa voz inigualábel en Muller, O Lelo, O Lobo, A Sementeira, Irmaus... Ningún mérito se lles pode quitar aos Fuxan post-83, pero falar da súa historia musical e non ter presente ao gran Mini (sen se esquencer de Mero) e cando menos obsceno
Dende o meu punto de vista, que despois do tremendo concertazo que deron os Fuxan en Lugo todo se reduza a si nomearon máis ou menos a Mini-Mero (que xa parecen unha soa persoa) ou si os convidaron ou non paréceme un pouco absurdo. Esto pasa ás veces, chegou un momento no que dúas persoas se foron do grupo e Fuxan seguiu coa súa vida e Mini-Mero seguiron coa súa, non?. Non tería moito sentido que Fuxan os convidase porque Mini-Mero xa non forman parte do grupo dende hai moitos anos... Da mesma maneira que non tería sentido que A Quenlla convidase a membros de Fuxan aos seus concertos...
En definitiva, parabéns a Fuxan os Ventos por este retorno e sobretodo polo concerto de Lugo que foi ESPECTACULAR!
Carrapuchina, concordo contigo en que quizais non tería moito sentido que fosen convidados Mini e Mero para este espectáculo "Terra de Soños"´, de feito eu non reivindiquei tal cousa.
O que pasa e que creo que ten aínda menos sentido o facer un concerto, digamos "multimedia", no que apoiados nunha montaxe de video se fai un percorrido pola vida desta agrupación musical, e no que aparecen opinións de multitude de persoas cercanas ou non tanto ó grupo, se obvie principalmente a figura de Mini, compositor das músicas de moitisimos temas de Fuxan e parte fundamental da historia deste grupo e da historia recente da música neste país.
Eu estiven en Santiago o pasado ano e ata as fotografías antigas do grupo que saíron na montaxe multimedia foron escollidas para non poñer ningunha na que aparecesen estes ex-compañeiros (semellou unha especie de auto-censura); tamén estiven en Lugo onde xa non puxeron fotos.
Simplemente lamentable.
Polo que respecta ó concerto de Lugo non me pareceu tan bo coma o ano pasado no Auditorio de Galiza. Foi menos cálido, peor calidade de son e sobretodo un 0 de nota para a persoa ou persoas encargadas de pinchar os videos e outro para o realizador que escollía as imaxes do concerto.
Estas últimas cousas obviamente non dependen dos músicos.
E por certo Carrapuchina:
#9 chegou un momento no que dúas persoas se foron do grupo e Fuxan seguiu coa súa vida e Mini-Mero seguiron coa súa, non?
Esto mesmo pasoulle a Sabela Rodríguez, máis ela estaba alí para facer os seus recitados e facernos saltar as bágoas na Cantiga de Berce.
Sabia decisión dos Fuxan, pois sen a súa voz tería sido mellor retirar ese tema do repertorio. Do mesmo xeito os temas "Muller" ou "O meu amor é mariñeiro" tería sido mellor non tocalos pois con tódolos respectos para Antón Castro ó que coñezo pouco (namais de falar con el de cousas de traballo alí na CIG en Lugo), os seus recitados ó lado dos de Mini parecía que estaba lendo a lista da compra.
Na súa defensa hai que dicir que non o tiña nada doado.
pois eu non vexo case nada positivo nesta volta ós escearios de fuxan os ventos logo da súa paulatina disgregación a finais dos oitenta. eso sí, e a ver si me explico, vexo a música galega totalmente estancada na súa repercusión dentro do país e quizás, por esa razón, a volta do grupo lucense é moi saudada por distintos sectores que non accederon os incontables productos que a industrial audiovisual galega está a por na rúa e que, ao cabo, pagamos entre todos a través dos presupostos dos que se incauta a consellería de cultura.
lonxe queda a influencia musical de milladoiro e moi lonxe semellan braht, doa ou na lúa ( e os mesmos ex fuxan de a quenlla ), pero tamén luar na lubre ou berrogüetto, formacións aupadas con importantes medios tantos artísticos como técnicos que non acaban de funcionar máis alá do simplemente anecdótico, dando por veces a sensación de que as produccións son máis pensadas cara o mercado externo ou cara a aproveitar subvencións que cara a unha proxección local que sirva para afianzalo concepto de pobo e, o cabo e nestes días que tanto se proclama , para dar explendor á fala.
e non é para menos ( refírome o asunto do mercado exterior ), visto xa non só o escaso interés en galicia pola música nacional, se non tamén polo cumprido do mercado fonográfico galego. así os artistas máis senlleiros e con maior repercusión, como carlos núñez, embárcanse en proxectos multidisciplinares no máis puro estilo best seller literario na búsqueda do espazo alleo aproveitando a consabida producción donde distintos nomes contribuen a otorgarlle unha categoría comercial ó producto final que o fai dixerible a distintos mercados.
este tipo de productos parece que non acaba de coallar en galicia ( mercar cds a 20 euros está en recesión en todo o mundo ) e para longo daría establecer a razón pola que o amplo público prefire a fuxan os ventos, a ana kiro, a xil rios ou a tripleta paris/panorama/olympus e non o gaiteiro máis pelao de tódolos gaiteiros. será que esa pose hiperprofesional de algún dos mentados anteriormente ( non soio o bon de carlos ) impide unha acertada comunicación co público?
ou será que temos un país de berbena que non escoita outra música que non pauten as radiofórmulas, nin lee a kant si non llo desgrana roberto blanco valdés, nin se interesa por outra cousa que non sexan as grandes larpeiradas e as festas do bon beber?
non teño en absoluto nada contra fuxan os ventos e esta reentré paréceme algo normal na industria fonográfica e do entreteñemento, pero neste gusto por velos no esceario, nestas expresións de alegría por escoitalos outra vez caturreando os vellos temas ( eso sí, mellor aderezados do que recordaba ) creo topar máis contras que pros para a cultura viva que este país precisa, sobre todo cando nestes vinte años últimos teñen abundado propostas ben interesantes e de indubídabel calidade que o groso do respetable deixou fenecer de inanición mentras se aupaban operacións triunfo e se tiraba a casa pola ventá con bosses madeinusa. a este respecto resulta totalmente frustrante que nesas grandes berbenas de colorido e desenfreno estival, que tanto nos costan a todos, as macroorquestas apuntadas antes ( e sintonía, os trovadores e demais ) sempre reserven algún número para amplificar no recordo o disco de juan pardo da miña nai dos dous mares que data das quimbambas e todo o mundo recoñeza e acompañe o digilindán digilindeiro mentras nadie bote en falla o inmenso iacobus magnus de milladoiro, o mismísimo jei dos resentidos ou esta excelente e actual alborada de carlos núñez que por aquí pasa sen pena nin gloria.