Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A favor da lingua

Un longo historial de mobilizacións

A manifestación do 18 de outubro conta con superar a do 17 de maio, a máis numerosa da historia da defensa do galego.

Redacción - 10:00 15/10/2009
A manifestación do 17 de maio conseguiu vencer a chuvia

A manifestación do 17 de maio conseguiu vencer a chuvia

A manifestación do 18 de outubro ten como antecedente inmediato a mobilización polo dereito a vivir en galego do pasado 17 de maio, que xurdiu como unha reacción aos primeiros movementos do Goberno desfacendo as iniciativas a prol da normalización da lingua. Varias decenas de miles de persoas xuntáronse en Compostela na que foi, até o momento, a meirande manifestación a prol do galego convocada en Galiza. O difícil reto da convocatoria do domingo é superar esas cifras.

A lingua como un dos principais sinais de identidade nacional foi sempre un dos motivos principais das manifestacións que se convocaron cada ano o 17 de maio, Día das Letras, e mesmo das do 25 de xullo, Día da Patria. Vieiros fíxose eco doutras convocatorias masivas que, porén, non acadaron as cifras desta primavera.

O 17 de maio de 2003, a Mesa pola Normalización Lingüística, o BNG, a CIG e CCOO convocaron unha mobilización, que tamén saíu ao mediodía da Alameda de Compostela, co lema "Despois de trece anos perdidos, outra política lingüística é posible", unha política lingüística que hoxe parece idílica en comparación coa situación actual.

Dous anos antes, en 2001, o obxectivo fora potenciar o galego no ensino. A manifestación estivera apoiada pola Mesa, o BNG, Esquerda de Galicia, CCOO, CIG, a Plataforma polo Ensino en Galego, e os Comités Abertos de Escola e Facultade


4.5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: