Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Porto deportivo

A Confraría de Cangas recorrerá no Tribunal Supremo a obra de Massó

O TSXG elevou a contía do procedemento, o que desbloquea a posibilidade de presentar un recurso de casación.

Redacción - 10:30 21/10/2009

A Confraría San Xosé de Cangas informou de que xa vai poder solicitar que se aclaren os "numerosos puntos escuros" que detectou na resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que avalaba o porto deportivo de Massó. O alto tribunal eliminou o "obstáculo procesual" que impedía presentar un recurso de casación perante o Tribunal Supremo.

A confraría destacou nun comunicado que o TSXG acordou "corrixir" a parte da sentenza onde consideraba que o procedemento tiña unha contía inferior a 150 mil euros. Ao elevar esa marxe, a entidade canguesa xa pode interpoñer o recurso de casación.

San Xosé salienta que a resolución do TSXG ten "numerosos puntos escuros ou de difícil interpretación" pero que a sala "omite calquera pronunciamento aclaratorio" ao respecto, o que "obriga a confraría a debater tales cuestións perante o Tribunal Supremo". Así, a sala non se pronuncia sobre a licenza "outorgada con vista a un Plan Especial e un Plan de Utilización de Espazos Portuarios pendentes de aprobación" nin en que medida vai supoñer un "beneficio" ou por que considera que é unha "pequena zona afectada".


4,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: