Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Concentración no CAR de Madrid

Até sete galegos poderían estar no Europeo sub 21 de taekwondo

Catro xa están confirmados e outros tres, vixentes campións estatais en cadansúa categoría, están pendentes da decisión técnica.

Redacción - 11:30 26/10/2009
O equipo galego (clique para ampliar)

O equipo galego (clique para ampliar)

Até sete representantes galegos poderían participar no Campionato Europeo sub 21 de taekwondo que se disputará en Vigo entre os días 6 e 8 de novembro. Desde este luns están concentrados no Centro de Alto Rendemento de Madrid co resto de representantes do Estado, á espera de que se decida a composición da listaxe definitiva.

Na relación de deportistas convocados pola comisión técnica da Federación Española de Taekwondo aparecen 13 deportistas coa súa praza confirmada, entre estes os galegos Sabela Lonja (-67 kg), Borja Ríos (-63 kg), Xosé Fernández (-67 kg) e Raúl Bouzas (-72 kg). Haberá unha selección en cinco pesos, onde os técnicos decidiron convocar dous deportistas por cada posto.

No equipo feminino, Lara Oubiña (-59 kg) competirá con Diana Vázquez, de Cataluña, pola praza. No equipo masculino, Pablo Carou loitará con Adrián Cifuentes, de Canarias, pola praza no peso minimosca (-54 kg), e Xosé Andrade farao con Raúl Martínez, de Valencia, no peso superlixeiro (-78 kg). Os tres galegos son vixentes campións estatais en cadansúa categoría.


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: