Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Detida nunha concentración

Absolven a xornalista de Gzvideos, acusada de increpar a Policía

A Policía argumentou que "berraba expresións tales como, policía asasina, ETA mátaos ou torturadores", algo que o xuíz considera que "non resultou probado".

Redacción - 13:45 28/10/2009

Francisco Xavier Míguez Poza, xuíz titular do Xulgado de Instrución número 2 de Compostela, absolveu a reporteira Zélia Garcia, activista colaboradora de Gzvideos, acusada dun delito de faltas, segundo notificou esta mesma cuarta feira.

O 24 de xullo de 2008, durante unha concentración organizada polo colectivo Ceivar, "á que acudiu na súa condición de xornalista", segundo especifica a sentenza, Garcia foi detida por axentes da Policía Nacional. Estes argumentaron que a denunciada "berraba expresións tales como, policía asasina, ETA mátaos ou torturadores", algo que o xuíz considera que "non resultou probado".

Concretamente, o axente que procedeu á detención da xornalista fíxoo -segundo declarou no xuízo- por orde do seu superior. Porén, este último non se presentou na vista para identificar a denunciada, que estivo asistida polo avogado Manuel Chao Dobarro. A Fiscalía solicitara unha multa de 300 euros, a razón de 10 euros diarios durante 30 días, para a acusada, que recibiu numerosas mostras de apoio nos últimos días.

Gzvideos naceu en maio de 2008 como unha iniciativa independente e non comercial, coa vontade de "constituír un espazo de encontro para a creación audiovisual que parte dos movementos sociais galegos, un campo onde conflúe o vídeo-activismo e o debate xerados a partir da crítica á realidade galega".


4.73/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: