Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Axenda musical

Papaqueixos e rock feminino para celebrar o Samaín

Na fin de semana de defuntos, Os Papaqueixos resucitan no Papagrelo de Monfero, mentres a Coruña celebra o Mulleres Arte+Parte=2

Redacción - 12:07 30/10/2009

A noite de defuntos as cabazas volverán iluminar os camiños. Este sábado 31 de setembro vólvese celebrar a festa de Samaín, a celebración celta de fin da tempada de colleitas e inicio do ano novo, que continúa no seu proceso de recuperación en Galiza. Cedeira celebra a máis coñecida das festas de Samaín, pero tamén haberá celebracións en Ourense, Redondela, Pontevedra, Narón e Vigo, entre outras localidades.

PapaGrelo 2009
Na fin de semana no que os mortos están máis presentes, Monfero resucita a un dos grupos fundacionais do rock bravú: Os Papaqueixos. Logo de oito anos de paréntese no que os compoñentes do grupo se implicaron noutros proxectos, volven xuntarse no Grelo Folc, que toma para a ocasión o nome de PapaGrelo 2009. A Asociación O Abordelo organiza unha cita na que se festexa o décimo aniversario do festival e do disco A lóxica aplastante do comité de propaganda que Os Papaqueixos presentaron naquela edición fundacional.

Ademais dos homenaxeados, o sábado a partir das nove da noite actuarán no mosteiro de Monfero as bandas nas que participan varios dos compoñentes do grupo: Banda Potemkin, Os Tres Trebóns, Ulträqäns e Os Cuchufellos. O festival preséntao Isabel Risco e contará tamén co percorrido polas tascas do concello da charanga Os Veraneantes.

Mulleres Arte+Parte
Na Coruña desenvólvese esta fin de semana a segunda edición de Mulleres Arte+Parte, na que a creatividade feminina ten o protagonismo. Da parte musical encárganse Fangoria e Franc3s o venres á noite, e Sevigny, Silvia Penide e Anni B. Sweet o sábado. Este segundo día a proposta complétase coas proxección de Plan Rosebud 1: A escena do crime, Irene, a porteira, e Proxecto Malawi; danza, exposicións de fotografía e pintura, un obradoiro de cómic con Emma Ríos e outro de graffitti con Nada, e unha mesa redonda de encontro de artistas co público.

Por días e de norte a sur, estas son outras propostas musicais para a fin de semana:

Venres 30 de outubro:
Skarallaos na Sala Run Rum de Ferrol.
Fran Gayo, do grupo asturiano Mus, en Le Club da Coruña.
Scandal e Fracasados de Antemano no Pub D'Anton da Laracha.
Rotten Animals e Amenaza de Muerte na Reserva de Carballo.
Kastomä na sala Moby Dick de Sada.
Floorstomper 60’s & Mod Weekend: The Satelliters e Santos Morcegos na Sala Karma de Pontevedra.
Emmy The Great na Mondo de Vigo.
Los Coronas na Fábrica de Chocolate Club de Vigo.
Litto Nebbia no Contrabajo de Vigo.
Cello Solo no Bar Liceum do Porriño.

Sábado 31 de outubro:
Juan Rivas no Manchita Cosa de Ferrol.
Litto Nebbia no Jazz Vides da Coruña.
Pito de Pikasso, O Leo i Arremecághona e Os Vacalouras na sala Moon de Santiago.
Cello Solo no Ultramarinos de Santiago de Compostela.
Kastomä e Royalties no Clavicémbalo de Lugo.
Floorstomper 60’s & Mod Weekend: Corrina Greyson e Batusi na Sala Karma de Pontevedra.
Labazada no C.S. Revolta de Vigo.
 
Domingo 1 de novembro:
Litto Nebbia no Jazz Vides da Coruña.


4.64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: