ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVA ESCOLA GALEGA

A escola fala unha linguaxe urbana e discrimina o neno rural

Boimorto acolle esta fin de semana un encontro de debate sobre a educación no medio rural, coa participación de 80 profesores que exercen en Galiza.

Redacción - 09:30 06/11/2009

Un alumno que viva no medio rural, que traballe na explotación gandeira dos pais e que teña un amplo coñecemento do seu entorno, dos nomes de animais e de especies vexetais, cunha boa competencia lingüística pode ter, non obstante, malos resultados na escola. Así nolo confirma Paco Veiga, membro do Secretariado de Nova Escola Galega, quen alerta sobre as dificultades engadidas ás que se ten que enfrontar un alumno educado nun entorno rural: "a escola nunca lle preguntou a ese hipotético alumno sobre o que el coñece, non compartiu con el un interese; pola contra, a escola fala en linguaxe urbana".

Para reflexionar sobre este conflito entre o urbano e o rural dende o punto de vista da educación, a Nova Escola Galega organizou para este fin de semana o seu IV Encontro de Debate sobre Educación no Medio Rural, unhas xornadas que este ano levan como título "Acadando as competencias básicas". Celebrarase en Boimorto e dará a palabra a 10 educadores de centros rurais de Galiza, que exporán a súa experiencia no marco de diferentes proxectos que levaron a cabo na súa tarefa diaria.

Esta análise faise nun momento no que o sistema educativo comeza a avaliar o alumnado, ademais de polos seus coñecementos, polo grao de adquisición de competencias consideradas básicas para se desenvolver na vida (como o manexo das TIC, manexo lingüístico...). "Queremos abordar este novo sistema de avaliación atendendo tamén ao medio rural, preguntarnos se non se introducen inxustizas cara o alumno rural ao deseñar o sistema dende unha óptica estritamente urbana, esquecendo sistematicamente esta outra realidade e os saberes que atesoura", di Veiga


Ligazóns

4,58/5 (12 votos)


Comentarios (22)

sitiodistinto #1 6/Novembro/2009 sitiodistinto
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Na miña opinion a escola e a sociedade en xeral valora moito mais que se sepa de pintura contemporanea que da alimentacion do gando vacun, por poñer un exemplo. Tampouco se valora igual a un neno ou persoa que non domina o idioma castelan fronte a outro que non domina o idioma galego. Unha pena.

Hermerico #2 6/Novembro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"Redacción" fazede-me o favor de corregir o cabeçalho, que já me tedes farto

acarondosil #3 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

"a escola nunca lle preguntou a ese hipotético alumno sobre o que el coñece, non compartiu con el un interese".

É máis, pobre do neno que diga que é especialista en léxico da aldea que ten a burla dos compañeiros e dalgún profesor tamén.

Hermerico #4 6/Novembro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Muito bem, nom esbanjedes proposiçons, que estamos em crise

Nambuangongo #5 6/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tanquilo, Hemerico, foi um falho técnico, a "Redacción" usa o mesmo tradutor automático que a Junta para os exames das oposições:

Quando se introduz "La escuela habla un lenguaje urbano y discrimina al niño rural" o resultado é "A escola fala unha linguaxe urbana e discrimina ao neno rural".

Mas não te fartes, que o galego saben escribirlle correctamente.


Para os despistados,

Em Galego, discriminar é SEMPRE um verbo transitivo direto:
A escola discrimina O NENO
A escola discrimina-O

Em Castelhano, [discriminar + a] é uma construção gramatical com um verbo transitivo indireto:
La escuela discrimina al NIÑO
La escuela discrimina a LA NIÑA
La escuela LE discrima
*La escuela LA/LO discrimina é uma incorreção chamada laismo.

Ou verbo transitivo direto (significado de distinguir):
El niño discrimina LOS COLORES
El niño LOS discrimina

Hermerico #6 6/Novembro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Sim, como ti dis, sabem escribirlle

Nambuangongo #7 6/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Quanto ao conteúdo da notícia, o ensino no rural é terrível. Um processo de aculturação e subtil fomento do auto-ódio, um sistema educativo criado por urbanitas que desconhecem e até odeiam o rural.

No rural não há cultura, há folclore. E toda a cultura deve ser mudada para o "progresso" ou ficar na furna enxebre do museu do passado.

A riqueza das relações sociais das crianças de famílias onde convivem baixo o mesmo teito várias gerações, onde se anda livremente pelas casas dos vizinhos e onde as relações humanas são normalmente mais abertas e intensas que nas sociedades urbanas é sistematicamente negado e desaproveitado. A educação no rural introduz a ruptura com o velho das novas gerações e os modelos da família mono-nuclear isolada como dogma.

O verdadeiro conhecimento do meio que o rural possibilita, o entendimento da vida e a morte, da sexualidade, que o convívio com animais é sistematicamente desaproveitado e até desvalorizado por muitos docentes.

Tampouco se tem em conta que as crianças colaboram nas tarefas da casa, que ajudam nos trabalhos e têm suas responsabilidades.

O ensino no rural nega o rural. Obriga a entrar em mundos paralelos dos que não sempre os alunos gostam e a renunciar aos seus próprios. Há um choque de civilizações e ficam muito visíveis as contradições campo-cidade.

Se o aluno gosta da escola, tudo bem, outro emigrante mais, senão, outro fracassado escolar. O fracasso escolar é sempre maior em função do arraigado que o aluno esteja ao modo de vida da sua casa, da sua aldeia.

A escola galega no rural, desde a desaparição das escolas unitárias nas aldeias, "sequestra" aos meninos do seu entorno nos autocarros do transporte escolar e leva-os a centros de "modelado cerebral". A própria localização dos centros de ensino, desligados do mundo dos meninos, cria por si seus problemas.

Em definitiva, da escola rural galega atual saem muitas crianças com um alto fracasso escolar e com um alto auto-ódio. Antes criava-se a vergonha de ter vacas, de ser lavrador ou marinheiro, situações discordantes com os livros de texto. Ultimamente até o aluno sai falando castelhano e ocultando a profissão dos seus pais.



Parabéns aos de Nova Escola Galega por esta interessante iniciativa. Oxalá sejam produtivos este tipo de encontros e se desenhe um novo modelo de ensino concordante com a realidade galega que tanto necessitamos.

acarondosil #8 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#5 Nambuangongo:
Explicas ben. Debes ser un bo profesor.

acarondosil #9 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#7 A min, que non me é alleo o rural (entre outras cousas porque nacín nel e sigo indo. E ademais, en Galicia as vilas tamén son rural), paréceme moi acertado todo o que dis. Captas moi ben os problemas. Só unha observación: ese "secuestro" do que falas é moitas veces inconsciente. Actúase pensando que se lles fai un favor aos rapaces e rapazas.

acarondosil #10 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"saem muitas crianças com um alto fracasso escolar e com um alto auto-ódio".

A min este é un tema que me dá moita pena. Como se lle atravesan a algúns rapaces todo o que teña que ver cos estudos, cos colexios e institutos. Rapaces que ti ves que son moi listos, que cando se trata doutros temas danlle cen mil voltas aos catro "chapóns" que hai en cada clase, pero que se se trata de cuestións académicas parecen uns inútiles. E claro que saen con autoodio por sentirse eles así mesmos como uns fracasados cando a realidade é que a culpa non é deles, senón do sistema.

acarondosil #11 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

"Se o aluno gosta da escola, tudo bem, outro emigrante mais"

Eu estou de acordo, pero non sexas malo, que así case todos somos emigrantes, eu o primeiro. Eu falo de hai moitos anos, cando as diferenzas entre eses dous mundos aínda era maior e o ser "emigrante", por gustarche os estudos, era o mellor que che podía pasar, ou iso nos dicían.

acarondosil #12 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"concordante com a realidade galega que tanto necessitamos"

E como non nos deamos présa(reivindicando o rural coas súas peculiaridades) teremos toda Galicia convertida en urbanita reclamando o "L".

cachindiola #13 6/Novembro/2009 cachindiola
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

xa non lembramos que co bipartito o ensino era unha imposición, que tiña como meta a ideoloxización dos nenos para cando foran maiores foran só galegos.
Cando vemos unha pelicula americana, aínda que a historia sexa no lugar máis perdido, falan como deus manda, non o fan distinto dos da cidade. Aquí non, aquí non son do rural, son do monte ¿...? é o que hai.
e botamos todo o día a correxirnos porque ningúen sabe (nen quere) falar e escriber galego.
e claro pasa o que pasa

acarondosil #14 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#13Cachindiola:

"non o fan distinto dos da cidade"

Cachindiola, pero non é só cuestión da lingua.

"Aquí non, aquí non son do rural, son do monte ¿...? é o que hai".

Eu non sei que queres dicir con isto.

mansdodemo #15 6/Novembro/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Tiñamos que facer un estudo profundo e sincero do noso medio rural galego, das aldeas...... a falta da xente, e do seu avellentamento.
A maioría dos nosos políticos, pasan abundantemente de todo isto, e así nos vai.
Eu lembro aquelas escolas unitarias, onde nos aprendían, case todo o divino e o humano.
Quizais habería que voltar ao noso medio rural, para atopar un punto de equilibrio e de reflexión ao carón do medio natural e propio da nosa comunidade, e sobor de todo absorver a sabiduria dos vellos e das vellas, que souberon loitar en tempos non doados, polo mantemento dos fillos e das fillas, procurando se tiñan medios económicos que estudaran, e senón, atopando Fundacións(os Figueroistas), que axudaban a conquerir os medios precisos para estes estudos.
Os nosos maiores, fixeron moito por todos e todas nós, e transmitiron o NOSO IDIOMA, que superviviu a pesares dos atrancos e da loita que se fixo en contra del, dende o PODER.

Xiurisma #16 6/Novembro/2009 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

bueno, polo menos quedo algo máis tranquil@.. a nena do rural non está discriminada. se algo bo había ter..

teixugo #17 6/Novembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.youtube.com/watch?v...

acarondosil #18 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#17teixugo,

Xa che deixei un comentario noutro lado. É un vídeo moi entrañable. A avoa canta ben, e como dorme a nena...

acarondosil #19 6/Novembro/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#17teixugo,

Vendo a avoa cantar en galego e vendo a nena, vénseme á mente unha canción, creo que era de Fuxan os Ventos, que dicía algo así: "temos futuro, temos mañá".

teixugo #20 6/Novembro/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

HA FUTURO

joseantonio #21 7/Novembro/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A escola ten moito que cambiar. Cando eramos nenos parecía que entrabamos noutro mundo, non era nosa realidade. Si vades pola rúa de poñer a ensinanza ó servizo dos cativos e do que coñencen a cotío, imos ben. Doutro xeito estaremos a facer o parvo como agora.

cpls #22 7/Novembro/2009 cpls
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Fala-se de Boimorto.
Quantos professores do colégio de Boimorto moram no Rural?
Eu só conheço um, Mini.
Talvez haja mais, dous, três ... algum em Arçua?
Si ho si, A Corunha e Lugo, inclusive Betanços é rural.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: