Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Axenda musical

Chantada prepárase para un Castañazo Rock baixo cuberta

A fin de semana trae tamén a homenaxe a Zeca Afonso en Santiago e a xira de Che Sudaka entre outros concertos.

Redacción - 12:30 06/11/2009

Con sorte non caen chuzos, pero di Meteogalicia que da chuvia vai ser difícil salvarse esta fin de semana. Así que os organizadores do Castañazo Rock de Chantada decidiron ser previsores e montar o festival baixo cuberta, no mercado gandeiro. A cita co festival xa clásico do outono é este sábado, cun cartel que zumega ska e rock por todos os poros: os italianos Talco, os portugueses Peste & Sida e os asturianos Dixebra comparten escenario cos galegos Kogito e Skandalo Gz.

O festival comeza as nove da noite, pero antes haberá unha conferencia sobre historia e gloria da canción de tasca e unha mesa redonda sobre a gaita e a música tradicional no rock. Pola tarde desputarase un aberto de billarda e unha sesión de xogos bravús, cos regueifeiros Luis "O Caruncho" e Benito Lobariños. E aló polas catro da mañá, cando acaben os concertos, haberá magosto popular.

Os amigos do Zeca
Pola banda de Santiago, este venres Zeca Afonso será recordado entre amigos na Gentalha do Pichel. Desde as nove da noite actuarán Na Virada, Xan López, Uxía e Luis Almeida. E alá estarán amigos do cantautor, como Xico de Carinho, Benedito, Antom Labranha, Juan Guitián, Arturo Reguera e membros da Associaçom José Afonso. Haberá tempo para conversar, escoitar música, ver vídeos e tomar uns petiscos.

Esteas onde esteas, esta fin de semana has ter un concerto cerca. Aquí tes unha selección, ordenada de norte a sur:

Venres 6 de novembro:

Trapos Sucios na sala Run Rum de Ferrol
Triángulo de Amor Bizarro na Reserva de Carballo
Los Mecánicos no Badulake de Ordes
Uxu Kalhus no pub Gatos de Melide
Holywater na sala Capitol de Santiago de Compostela
Maryland no 7 Flores do Carballiño
Che Sudaka na Fábrica de Chocolate Club de Vigo
Manos de Topo no Mondo de Vigo
Covalblú no Bar Liceum do Porriño

Sábado 7 de novembro:
Uxu Kalhus na sala Run Rum de Ferrol
Manos de Topo no Playa Club da Coruña
Pereza e Ragdog no Coliseo da Coruña
Pito de Pikasso no pub O'Foso de Santa Comba
Che Sudaka na Sala 600 de Melide
The Ramblin' Rose no Pérez & Pérez de Santiago de Compostela
Dolly Dagger no Ardora de Porto do Son
Telephones Rouges e Anenome no Galician Bizarre Bar do Grove
Sex Museum na Sala Karma de Pontevedra
Invivo na sala Jazzmin do Carballiño
Festival Emerxebueu: Zaius, Molestia, Punkto Débil e Zënzar nunha carpa enfronte do Museo Massó de Bueu
Marxe Eskerda no C. S. A Revolta de Vigo
Nocheni e Lujuria en La Iguana de Vigo
Igloo na Fábrica de Chocolate Club de Vigo
Projecto Trepia no Mondo de Vigo

Domingo 8 de novembro:
Emerge na Reserva de Carballo
Che Sudaka no Aturuxo de Bueu


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: