ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Advertencia de A Ría Non se Vende

A sentenza do Supremo para Marín, agoiro de "ilegalidade" para a ampliación do porto de Vigo

Para a plataforma cidadá, a decisión dos tribunais sobre o plan especial do porto de Marín, ratificaría que as obras en Vigo "son totalmente ilegais".

Redacción - 10:00 08/11/2009

Desde a Asociación pola Defensa da Ría esixían este sábado o cumprimento inmediato da sentenza do Tribunal Supremo en todos os seus aspectos, "incluíndo desde logo os relativos á responsabilidade da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Autoridade Portuaria do Porto de Marín e Ría de Pontevedra". "Esiximos o cese inmediato dos novos recheos que se veñen realizando no porto e que temos denunciado en múltiples ocasións e a eliminación de todos os recheos que a xustiza ven de recoñecer como ilegais, o que, evidentemente, redundará na recuperación da Ría e da verdadeira función do porto para aquelas actividades directamente relacionadas co mar", expón o colectivo nun comunicado.

Ao fío deste caso, a plataforma A Ría Non se Vende, salientaba que esta sentenza que anula o plan especial do Porto de Marín, confirmaría a ilegalidade que se está cometendo no veciño porto de Vigo. "Mentres non exista un plan de usos debidamente aprobado, o plan especial carece de validez", avisan, indicando que por este motivo "non se pode levar a cabo ningún proxecto de ampliación". Para a plataforma son "patéticos" os intentos da Autoridade Portuaria de Vigo de pretender atopar diferencias entre un e outro porto.

A Rïa Non se Vende convocou unha manifestación para o vindeiro sábado 14 de novembro baixo o lema "Os recheos matan a ría".


5/5 (7 votos)


Comentarios (3)

borneira #1 8/Novembro/2009 borneira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Actualmente hai proxectados e en marcha 200.352 m2 de recheos, 32.881 dos cales situados en Rede Natura e proxectadas 2.305 prazas de amarre para embarcacións “deportivas”, por riba das 4.144 xa existentes.
Chan industrial "barato" e privatización do litoral "rentable" (para algúns).
15.000 postos de traballo que dependen do estado natural da ría están en perigo.

Cuevillas #2 8/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu comezaríapor rebentar o Centro Comercial A Laxe, ilegal 100%

lura #3 10/Novembro/2009 lura
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hai organismos que quedan en tremenda evidencia con esta sentenza; a autoridade portuaria, tentando colar un recheo de máis de 300.000 m2 sen telo previsto no seu plan de usos e xustificándoo cun informe de impacto ambiental dun antigo proxecto de recheo de só 95.000 m2; e o TSXG xustificando a non necesidade de informe de impacto por ser un plan e non un proxecto, cando ese plan xa cualificaba con precisión o chan, deixando sen elección de alternativas aos proxectos que a el se acolleran, e facendo ouvidos xordos a que tampouco había proxectos nin estudio de impacto de estes, o que se di unha sentenza máis ditada á medida. Con esta rémora de tribunal, a natureza galega está en auténtico perigo. O tempo necesario para chegar ao Supremo o están utilizando a conciencia os depredadores. Isto non se pode tolerar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: