ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entre 15 e 20 mil persoas

Milleiros de persoas saen á rúa en Vigo en solidariedade cos secuestrados do Alakrana

Reclámanlle ao goberno español que devolva os piratas detidos. Mentres, os familiares repróchanlle aos políticos que usen o secuestro para "lanzárense reproches".

Europa Press - 10:30 08/11/2009

Foron máis de 15 mil persoas, segundo fontes municipais, e ao redor de 20 mil, segundo a organización, as que se manifestaron este sábado polas rúas de Vigo para pedir a liberación dos 36 mariñeiros secuestrados no atuneiro Alakrana e esixirlle ao goberno español que "os dous somalís detidos en España regresen ao seu país".

A marcha partiu da praza de España da cidade olívica até As Travesas, onde a filla do patrón do barco, Cristina Blach, pediu "axuda" ás institucións públicas e á Xustiza. Aos dous organismos suplicoulles que "non os deixen sós" e que "non se esquezan" das 36 persoas que están retidas e que foron secuestradas cando "estaban a gañarse a vida". Blach lamentou que os políticos "utilicen" o secuestro do Alakrana e a situación das súas familias "para lanzárense reproches" e requiriu que "reflictan a mesma unidade que move as familias que sofren". Á Xustiza, reclamoulle que "non sexa cega" e que "mire" o sufrimento e "valore" as circunstancias. "Que sopese se o feito de xulgar dúas persoas non fará senón incrementar o sufrimento das súas vítimas", esixiu.

Neste sentido, a filla do patrón do Alakrana mostrouse convencida de que a "colaboración", a "lealdade" e a "boa vontade" servirán para "solucionar este asunto conforme á lexislación española e aos convenios internacionais". Por este motivo, Blach instou o goberno español a "devolver" os piratas somalís detidos ao seu país. Para os familiares dos mariñeiros galegos capturados, a mobilización deste sábado é "unha voz única que pide e esixe a liberdade dos mariñeiros xa". Un sentimento que compartido entre os miles de persoas de todos os lugares de Galiza que viaxaron até Vigo para pedir "Liberdade para os mariñeiros, xa!", tal e como rezaba a pancarta da cabeceira. "Despois da semana que pasamos, estamos moi agradecidos de estar tan arroupados hoxe aquí", expresou Cristina Blach.

En canto á negociación, a baionesa confirmou que neste momento "hai contactos" aínda que recoñeceu que non sabía "de qué tipo". "Sei que hai contactos e sei que dende o que aconteceu o martes, que foi un auténtico horror, a situación é estable", declarou.

"Estamos como o primeiro día"
Por outra banda, Xesús Dacosta, o irmán do cangués Secundino Dacosta, agradeceu as mostras de "apoio" recibidas na rúa e mostrou a súa "esperanza" de que o seu irmán "volva pronto á casa". Recoñeceu que agora están "un pouco máis tranquilos" aínda que sinalou que non van parar de "loitar" ata que "Secundino estea en liberdade". Xesús Dacosta declarou que a última vez que o seu irmán tivo contacto coa familia díxolles que no barco "había moita incerteza" e "moito medo". "Por iso non imos estar tranquilos até que estea na casa", apostilou.

Tamén acudiron á manifestación os parentes de Pablo Costas, o mariñeiro natural de Gondomar, que criticaron o silencio do goberno español e pediron máis información para as familias. "Estamos como o primeiro día, non sabemos nada", lamentou, ao tempo que explicou que este descoñecemento provoca "malestar" nos seres queridos. Silvia Albés, muller de Pablo Costas, agradeceu o esforzo de "todo o mundo" e a súa implicación co secuestro. "Agradézoo dende o fondo do meu corazón e sei que as 36 persoas que están no barco, entre elas o meu marido, tamén llo agradecen", indicou a Europa Press emocionada.

Aplausos espontáneos
A manifestación partiu puntual de Praza de España para percorrer a rúa Gran Vía e chegar ata Praza de América. Durante o camiño puideron escoitarse berros pedindo a "liberdade" dos mariñeiros. Entre as miles de persoas podían lerse pancartas alusivas ao xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, e á ministra de Defensa, Carme Chacón. 'Chacón, solución xa' ou 'Garzón a Somalia', foron algunhas das mensaxes.

Un dos momentos máis emocionantes produciuse cando un grupo de viandantes que nese momento paseaban pola rúa Gran Vía e que non participaban na mobilización, comezaron a aplaudir de forma espontánea e a pedir "liberdade para os mariñeiros". Unha iniciativa á que acabou uníndose toda a marcha e que se repetiu en polo menos dúas ocasións. Na manifestación puideron verse representantes da Xunta de Galicia, como os conselleiros de Presidencia e do Mar, Alfonso Rueda e Rosa Quintana, respectivamente, ademais do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, membros de UXT e CCOO., deputados socialistas, nacionalistas e populares e os alcaldes de Ribeira, Cangas, Gondomar e Baiona.

En nome do Concello de Vigo, asistiu o alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, ademais dun nutrido grupo de concelleiros e a delegada da Xunta, Lucía Molares. Destacou a ausencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que, aínda que nun principio dixo que acudiría á cita en "calidade de cidadán", non asistiu finalmente á marcha.


5/5 (3 votos)


Comentarios (26)

forxas #1 8/Novembro/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A baixa intensidade informativa nos meios estatais de calquera movilización colectiva dos galegos adoita ser a consigna. Agora tamén malia a propoción de galegos do Alakrana, malia a presenza do embaixador Martín Cinto e da ministra Espinosa...e malia a manifestación de onte en Vigo.

"Liberdade para os mariñeiros, xa!"

luisfoz #2 8/Novembro/2009 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Nem um passo atrás! Liberdade para os marinheiros já!

galleto #3 8/Novembro/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Baixa intensidade informativa nos meios estatais, forxas? Mira o que lle adican El Pais ou El Mundo ao Alakrana, e logo mira o que lle adica Vieiros. Cada cousa no seu sitio.

lavesedo #4 8/Novembro/2009 lavesedo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

liberdade prós mariñeiros, xa!! e paralización da depredación do sustento dos pescadores somalís por parte dos europeus tamén XA!!!!!!!!

cade #5 8/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Governo espanhol: libere os cidadãos somalis e pague a multa por depredaçom de recursos naturais, e por arruinar um pais soberano através de secundar as políticas neo-imperialistas dos EEUU e da OTAN. Já que destruiram qualquer intento de governo legítimo daquel país, implicando-se com e fomentando as loitas internas mafiosas, agora terám que pagar às “mafias do mar“ pra que liberem eles os PIRATAS GALEGOS (ou mercenários, se preferirem).

Galegos, procurem umha maneira mais honesta de viver. A pirateria e o servilismo aos grandes depredadores do mundo é errado.

Cuevillas #6 8/Novembro/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Que teñen que ver os recursos naturais, se estes son piratas e van polos cartos do rescate? Que sabedes de Somalía para opinar? Vexo que nada. Somalía non está así pola "depredación europea". Somalía é un conxunto de clans inseridos nun país artificial. Agora don 2 paises: Somaliland e Somalía. O primeiro non está recoñecido aínda pola ONU. E por riba temos aos de Arabía Saudí mandando xente, armas e financiando aos de Al-Shaab. Xa teñen dominado o sul, sobmetido á lei islámica e chegando ás portas de Mogadiscio. En Mogadiscio hai un goberno moi feble e corrupto, e logo ao norte, no corno africán de "punktlandia", abondan os piratas e a entrada de terroristas dende o Iemen para medrar as milicias. Logo, máis ao norte está Somaliland, a ex Somalia inglesa, que sendo pobres como son, están ao marxe de todo e tentando prosperar.
Eu daríalle axuda a Somalía para acabar coa guerrilla de Al-Shaab, e polo tanto cos secuestros e pirataría.

ecoe #7 8/Novembro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A Somalia con Garzón!!

cade #8 8/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6
Cuevillas, antes de esbardalhar do que nom sabes deverias informar-te de fontes menos parciais:

http://www.kaosenlared.net/not...


http://www.youtube.com/watch?v...

http://www.youtube...


Somalia nom precissa da tua ajuda, mas de que os PIRATAS E MERCENARIOS, coma os espanhois e galegos do Alakrana, lisquem das suas augas e deixem de roubar a sua comida. E deixem de largar entulho nuclear. Os seus problemas, coma os do resto dos paises africanos, som devidos à colonizaçom e a neocolonizaçom occidental.

maleiro #9 8/Novembro/2009 maleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Cuevillas...
Non tiremos lixo riactivo e outra merda máis nas costas de Somalia e non vaiamos a chuuparlle o sangue.

Jatopardo #10 9/Novembro/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Concordo contigo Cuevillas, ¿qué teran que ver os caladoiros somalíes con estes piratas que tanto secuestran un pesqueiro, como un mercante como un veleiro de recreo? En canto ao caso concreto do Alakrana, lembro que foi secuestrado a 400 millas de Somalia, é dicir, en augas internacionais.

Intentar convertir a estes delincuentes en busca de carto fácil nuns novos Robin Hood demostra que neste país hai moita ignorancia misturada con boas doses de síndrome de Estocolmo.

ulo #11 9/Novembro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xa esquecimos o Prestige... cando "hilillos de plastilina" Rajoy e demáis dixeron que o enviaran fora das augas territoriais, Galiza enteira levantouse dixendo: ao mar non se lle poden pór cancelas.
E o Prestige afundiuse fora das 200 millas, mas o petroleo chegou e a que formou. O estado desapareceu (vaia, soame con iso de que en Somalia no ha estado, ou dous "para estados"), e a nos, aos galegos, tivemos que saír a defender as nosas costas, os nosos bancos pesqueiros, contra o estado, o goberno, o PP e contra todos que dician: non ha problema.
Somalia é un pais destruido polo imperialismo ianqui (ate un film fixeron sobre o tema, Black Hawk derrubado) e os seus aliados. Agora as súas riquezas pesqueiras -unha vez saqueados os bancos pesqueiros de medio mundo por xaponeses, noruegueses, galegos, bascos, coreanos, etc etc.- estan abertas e sen proteccion... 800 atuneiros teñen base nas Sheychelles, a ver que poden coller.
Esta é a realidade. Non séi si os piratas son os novos Robin Hoods ou non, e se son piratas ou mercenarios dos abogados británicos... mas o que si é certo é teñen 1000 veces máis direito a facer no seu pais que todos os demáis que pasaban por ali, veñan de onde veñan.
Segundo, é evidente que se tanto perigo ha, porque os armadores envian os barcos alí. Que non os envien e punto. Tudo o demáis e demagoxia ao servizo dos beneficios empresariais, neste caso da burguesia do mar, ben imperialista; vai saquear as riquezas doutros. Que paguen polo que estan a facer, como con calquer outro pais do mundo.
Terceiro, o goberno español é demencial; porque detivo dous somalis, porque ameaza co uso da forza, Que devolvan xa os somalis presos.
Por ultimo, que volvan todos os mariñeiros que traballan onde podan, e que paguen os donos dos barcos que se queren beneficiar da inexistencia dun estado (em realidade é o soño de calquer neoliberal, que non exista control dun estado para explotacion dunhas riquezas).

cade #12 9/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#11
Ai falache, ulo!

Quem nom queira ver a podredume neste asunto é porque está tb bem podre ele/a!

Jatopardo #13 9/Novembro/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Si, si, estes piratas no fondo non son máis que uns patriotas ecoloxistas cuxo único interese é a defensa dos caladoiros somalíes.

Por este matrimonio británico que ía nun veleiro pedían 7 millóns de dólares. Supoño que lles estaban esquilmando as augas cunha poteira dos calamares: http://espanol.news.yahoo.com/...

A este outro veleiro francés de luxo, tamén o secuestraron con 30 tripulantes, supoño que por bailar a conga na cuberta. Pagaron dous millóns de dólares. Como vemos, as multas que poñen estes piratas por pesca ilegal son máis altas que as pon a Xunta de Galicia. http://www.eluniversal.com.mx/...b">http://www.eluniversal.com.mx/...

E este outro veleiro francés con cinco tripulantes, un deles, un neno pequeno, tamén o secuestraron. Supoño que algo malo farían: http://www.eluniversal.com.mx/... Un dos tripulantes morreu no intento de rescate.

Por este outro iate francés, con dúas persoas a bordo, os piratas/salvadores dos caladoiros, pedían dous millóns de euros. http://www.adnmundo.com/conten...

Non sigo que o post faise moi longo. Serva de mostra para ver que estes piratas no fondo son uns anacos de pan. Uns Jacques Cousteau da vida que só secuestran aos barcos para evitar que pesquen non seus caladoiros.

Por cartos non o fan. Non.

cade #14 9/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Jatopardo, ti és um hipócrita. Que em Somalia som as máfias quem movem os fios já o sabemos. Que muitos delinquentes se tenham sumado às operações dos somalis tb o sabemos. E daí? Quem é que meteu esse pais no caos? E por que? Quem é que está a destruir os seus recursos e meios de vida?

Os sequestros dessa gente paledecem em comparaçom com os delitos ecológicos e humanitários que as flotas pesqueiras e os seus escravos estám fazendo nesse país.


Vai dar leições de hipocrisia pro caralho!


http://www.kaosenlared.net/not....

http://www.youtube.com/watch?v....

http://www.youtube...


Os piratas mais grandes som os galegos que andam polos mares do mundo arramplando com todo.

Força povo somali! Votai esses piratas fora das vossas iaugas e fazei-lhes pagar polos seus crimes ecológicos e humanitários!

Ora, quem tenha um pouco de ética, que se abstenha de ir de “cruzeiros de prazer“ polas augas que deveriam nutrir um povo colonizado e roubado e que porém estám a nutrir os barrigudos/as de Europa.

cade #15 9/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galegos, dignidade! Nom vos embarquedes em empressas podres de imperialismo comercial! Fazei algo polo vosso povo, na Galiza!

Acorda naçom de Breogam!

ulo #16 9/Novembro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Jatopardo se queres xustificar o saqueo inventante outras cousas.
Ninguen din que sexan ecoloxistas nin nada semellante, só son xente aos que lles rouban o seu; ou os armadores vascos, tan "nacionalistas" eles son somalis?.
Imaxinate que nas Azores ha 800 atuneiros esperando a entrar nos caladoiros galegos? o que farias ti?
Porque ise é o problema, de quen son os caladoiros onde atuan os atuneiros. O demáis, os imperialismo lles chamaria "danos colaterais", non xustificables, mas loxicos, porque os "piratas" somalis non son, nin ninguen din que son, uns revolucionarios, ecoloxistas ou o que se queira.
Mas iso non xustifica o saqueo das riquezas... so unha mente corrupta pode pensar así.

Jatopardo #17 9/Novembro/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ulo, eu non xustifico ningún saqueo. Aquí os únicos que xustificades sodes vos, aos piratas. É máis, eu son o primeiro en dicir que o que fan moitos barcos galegos polo mundo adiante é unha vergoña.

Agora ben. Está claro que a actividade destes piratas ten pouco que ver coa pesca e moito que ver co posibilidade de conseguir carto fácil. Por iso dalles igual a qué se adique o barco: pesqueiros, petroleiros, mercantes, pequenas embarcacións de recreo... Todo lle vale para pedir o rescate.

Cando estes piratas se limiten a coller só aos pesqueiros que estén faenando dentro das 200 millas, e pidan rescate polo barco, non pola vida dos mariñeiros, poderei defendelos un pouco.

Mentras tanto, direi o mesmo que ata o de agora, "estes piratas son só uns delincuentes que merecen o cárcere".

cade #18 9/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#17
Os piratas somalis merecem o cárcere? Tb os rapazes de 16 anos que vam com eles? Que alternativas tenhem essa gente, nom pra atopar trabalho, mas PRA SOBREVIVER?

E os galegos que assinam nos pesqueiros industriais e outros barcos, e ruinam esses mares, nom merecem eles a cadea? Por que os somalis “mortos de fame“ merecem a cadea e os marinheiros do resto do mundo que vam poluindo e destruindo os recursos daqueles mares nom a merecem?

Nom merecem a cadea quem tramou a invasom de Somalia, e quem andou argalhando co’as máfias daquele país pra o seu benefício estratégico imperialista?

Menos hipocrisia, que já fede!

Jatopardo #19 9/Novembro/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#18 Pois si Cade, os piratas somalíes merecen o cárcere e os rapaces que van con eles que ir a un centro de menores.

¿Sobrevivir? cos 8 millóns de dólares que parece que piden polo rescate, xa poden sobrevivir xa. Vamos, seguro que eses cartos non os gañamos ti nin eu traballando honradamente.

¿Invasión de Somalia? si home, a Bush que o metan preso, e a Clinton tamén, ¿onde hai que asinar? pero que aos mariñeiros do Alakrana que os deixen libres que eles non teñen nada que ver.

cade #20 9/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#19
A um centro de menores? por que? Qual é o seu delito? Nom querer morrer de fame? Querer dar-lhe nos fuzinhos àqueles que andam destruindo o seu país e cultura?

A cadea tinhas que ir ti, por hipócrita. Ou, melhor, a um "centro de tratamento de hipocrisia".

Os marinheiros do alakrana pode que sejam vítimas tb, ou talvez nom, mas que o governo espanhol pague o resgate e os liberem, e procurem um oficio mais honesto.

ulo #21 9/Novembro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Jatopardo a hipocresia é por un signo igual no que é distinto. Os barcos, no concreto, os atuneiros e os petroleiros que fan e desfan como lles peta nunhas augas que, ainda que o neguen, teñen dono, o pobo somali, estan protexidos polas armadas dos exercitos mais poderosos do mundo: a OTAN, con base en Jibuti (base naval francesa na zona), Rusia, China, etc. etc., teñen, como diria o outro "o curman de Zumosol" tras eles.
E que pintan ali todos os exercitos -máis os privados, que por certo os nosos arrantzales van ir protexidos por Democracia 2000, organizacion fascistas española-, senon é defender o direito dos armadores a saquear, como fan en calquera lugar (Afganistan, Iraq, sen ir mais lonxe); ou ha algunha diferencia entre a situacion de Afganistan ou Iraq e a de Somalia?
Enfronte teñen a unhas xentes as que so lles deixan un camiño, o do pirateo; pois moitos dos piratas de agora son mariñeiros da zona que non poden competir coas frotas pesqueiras imperialistas; e polo tanto vense abocados ou o pirateo ou a emigracion.
Se emigran, son criminais ilegais aos que ha que devolver os seus paises a morrer ca fame; se piratean, tamen son criminais que teñen que ir a carcere. Moi ben, e os armadores lucrandose, ou os constructores e empresarios, que aproveitan a imigracion ilegal para rebaixar os salarios e as condicions.
Que diferenza ha entre uns e outros?
E os mariñeiros, que volten para aquí... mas que se busquen un traballo legal. Porque eles teñen que saber que o que estan a facer é un delito, ir a casa de outro -por moito que teña as portas abertas e este medio desfeita- a roubarlle o que é deles.

ulo #22 9/Novembro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Xa abonda de hipocresia, cando o fan a outros somos moi solidarios cos oprimidos.... mas cando nos toca a nós, os excluidos só merecen carcere.
Aquí no falamos do codigo penal, falamos de xustiza social; e o que fan en Somalia os atuneiros bascos é un saqueo. Non ten outro nome.

cade #23 9/Novembro/2009 cade
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#21
Muito bem explicado, ulo. Obrigado. Mas já se sabe: as verdades doem. Presta mais viver na ignorância ou na hipocrisia

Jatopardo #24 9/Novembro/2009 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

¿A hipocresía? claro que é un signo actual, máis actual non pode ser lidos algúns post neste foro (por suerte, a maioría da cidadanía non pensa así nin de lonxe). E se a misturamos con demagoxia e síndrome de Estocolmo xa é unha bomba.

¿Saqueo? Isto é un secuestro co uso de torturas de veciños teus, lembra, e baixo amenazas de morte para conseguir o carto fácil dun barco capturado en augas internacionais, repito, en augas internacionais. E outras veces é un mercante e outras un veleiro.

A que se adique o barco é o de menos, o importante é que son reféns para pedir un rescate.

ulo #25 9/Novembro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

O problema da destruccion dun pais é un problema penal, e o problema basco resolvese coa lei de partidos. Moi sres, xa chegamos ao colmo da despolitizacion para salvarlle a cara aos que destruen países!!!!.
Os somalis son criminais, os bascos terroristas, e os afganos talibans... Coa OTAN e as armas dos fascistas de Democracia 2000 chega, para que queremos pensar mais.
É o colmo do cinismo ao que chegan alguns.
Postos nesa tesitura, é dificil seguir a discusion e, menos, chegar a unha solucion que non pase polo que algun propòn que o exercito ataque as bases dos piratas na costa.
Eso é criminal, mas polo menos é coerente e non hipocrita. Se ti consideras que son uns delincuentes, ha que ir á raiz do problema e iso chamase bases do piratas na costa. E deixarse de tonterias.
Mas si pensas que o que ha é un saqueo dunhas riquezas doutro pobo, o menos que podes dicer é que remate ese saqueo, e logo todo o que ti queiras... Mas se non comezas por iso, a túa loxica remata co exercito atacando as bases do piratas (o terroristas ou como se lles queira chamar).
Ademáis, non se si recordas o noso pirata/bandoleiro particular, Foucellas. Que foi acusado de delincuente comun polos mesmos que se levantaron contra o goberno lexitimo.
Son os poderosos os que chaman delincuentes aos demáis, mas nunca a si mesmos.

BonKarallan #26 10/Novembro/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se é certo o que opina o corsario de ferro, non hai nada que pagar. Non queremos ladróns. E o mellor que poden facer os somalíes é matar a eses mariñeiros galegos e vascos, por ir roubar aos seus mares, ou aínda que sexa só por pasar por alí.

Non sei como unha persoa que se di galega pode insultar así aos nosos traballadores e aos nosos mariñeiros. Gustaríame que tivese o valor de dicirllo na cara aos seus familiares na manifestación de Vigo.

Totalmente de acordo con Jatopardo.

¡¡Liberdade para os nosos mariñeiros, xa!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: