"Sen medo e sen preguiza" e malia o recorte de recursos públicos, a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística colle azos e prepara un feixe de proxectos.
"Había que actuar". Valentina Formoso, elixida a pasada fin de semana como coordinadora xeral do colectivo, recordaba así as motivacións que levaron o pasado marzal a un grupo de docentes a poñer a andar o proxecto que deu lugar a esta Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL). "Os alí presentes eramos conscientes de que xa tiveramos que ter actuado colectivamente antes, mais o caso é que non o fixeramos", lembraba Formoso, "e a situación requiría urxencia, non nos podiamos permitir a nós mesmos ficar parados naquela situación, nin permitir continuar coa inercia anterior".
"Non se falaba doutra cousa: parecía que o máis urxente problema que había na sociedade galega era eliminar o Decreto do galego no ensino (...) O debate estaba centrado no ensino, e nós, ensinantes, normalizadores, redactores de proxectos lingüísticos, coñecedores e aplicadores do decreto... non iamos dicir nada?", expuxo a nova portavoz do colectivo no discurso de clausura que pode consultarse na web do colectivo.
Traballo a prol da lingua a pé das aulas
A CGENDL suma na actualidade arredor de 400 adhesións e, tal e como destaca Miguel L.Outeiro, voceiro para os medios da Coordinadora, reúne non só a representantes dos equipos de normalización lingüística senón tamén un bo feixe de "docentes colaboradores" que lle expresaron ao colectivo a súa vontade de participaren activamente nos proxectos do colectivo. "A CGENDL nace con intención de permanecer no tempo, de xuntar cada día máis apoios e tamén de moitos docentes que queren colaborar connosco, nace para sumar o noso gran de area a prol da lingua galega", expoñen. Entre outros, a asemblea do pasado sábado serviu para sumar oficialmente á causa a profesorado vencellado a centros de ensino privado.
O plan de traballo que se fixa a asociación inclúe unha campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar coa que pretenden "combater os prexuízos" ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego. Ademais, proxectan programas de intercambio entre estudantes ou fomento do galego nas novas tecnoloxías, entre outras actividades que levarán a cabo, láianse, "a pesar dos recortes dos apoios institucionais".
somos moitos os dispostos a colaborar
somos moitos os que cada dia sentímonos máis orgullosos de seren galegos
"O profesorado organízase para coller o temón a prol da lingua"
Había tempo que non lía un titular que máis ilusión me fixese pensar que fose verdade. Oxalá sexa así.
Falando en confianza, é que eu non sei por que non foi así desde sempre. Con tanto profesor de galego por metro cuadrado, como deixamos que isto chegase a esta situación? Como raios non soubemos vender mellor a nosa lingua? Como deixamos que outros coloquen mellor o seu produto diante dos nosos narices e nós impasibles? (vaia, terminoloxía que me está saíndo!). Pero, ben, nunca é tarde para rectificar.
Luaminguante di que "somos moitos os que cada dia sentímonos máis orgullosos de seren galegos"
Po iso digo eu que aínda non é tarde.
As veces penso que son eu so quen teño inquedanzas, ou que morro só de pensar o que o cacique de Feij009 está a facer coa nosa cultura. Parece que a manifestación de Compostela non lle surtiu efeto. Teño 18 anos, son de Vigo cidade centro, estudo medicina, teño todas as papeletas pra falar castelán, mais endexamais deixarei de falar a lingua na que os meus pais me educaron, na lingua dos meus avos, dos meus bisavos, dos meus antepasados, Os meus fillos vivirán en GALEGO.
UN saudo
Se colhessem o leme e nom o temom, se calhar nom iam direitinhos cara a Espanha
#1 sermos, luaminguante, sermos...
#4Arrecaralho, que casualidade xD eu também som de Vigo, estudo Medicina e falo em galego xD estou totalmente de acordo com o que dizes, e oxalá todos pensassem igual..
#8 pois sí, que casualidade. Na miña opinión creo que no futuro a xente culta (ou mellor dito, a xente non-paleta ou non-analfabeta) será a que comece a falar galego, a lingua de Galiza. Eu estudo en Cataluña e aqui todo o mundo fala catalan, o idioma culto. Avante con iso!
Fermosa_bágoa
Gz_livre
...
Pois se vós que sodes novos estades concienciados coa nosa lingua, que non habería que esixirlle ao profesorado(entre o que me inclúo). Canta responsabilidade temos en todo isto!
Parabéns para vós.
Permitídeme ser algo tópico, pero eu o vexo bastante gris. Que máis van facelos profesres? Que mais poden facer? Non vos enganedes. Isto non é cousa dos profesores. Nunca oín que se fixera ninguna actividade sobre o castelán nas escolas e sobre o galego físoxe e fanse a esgalla. Porén é o galego quen segue a perder falantes.
Biosbardos, a defensa da lingua non só vai ser do profesorado, ten que ser de toda sociedade, por suposto. Mais dáte conta de que o sistema educativo é fundamental para manter a lingua: que unha lingua minorizada como a nosa sexa lingua vehicular (en maior ou menor grao) do ensino non garante que se vaia salvar, mais se non é tan sequera lingua da escola o seu futuro é negro. Ademais, é importante que a consellaría de educación saiba que milleiros de profesores (pois foron milleiros os que asinaron o manifesto desa coordinadora) non comparten o seu ideario lingüicida. Teñen que saber en San Caetano que os seus propios traballadores non van ser cómplices de políticas lingüísticas que se basean en razóns de partido pero non nas razóns pedagóxicas. Movémonos todos, cada un no seu ámbito de traballo. o profeesorado cosnciente que faga o seu labor onde o teña que facer e mais na súa vida cotiá, e ti faino no teu, e o outro no seu, e ese estudante de Vigo (parabéns e ánimo!) na súa facultade.
Moito ánimo para a Coordinadora. Son profe e apoio a Coordinadora. Só podo aproveitar esta ventá para facer un chamamento a todo o profesorado para que se inscriba, dándolle só con este xesto o seu apoio moral á CGENDL.
Biosbardo, vexo que non liches o texto co que Valentina Formoso pechou a asemblea da Coordinadora, cunha marabillosa cita sobre a utopía de Eduardo Galeano (creo) que vén dicindo que a única opción é camiñar, dar pasos cara adiante. Hai que ser valente para avanzar e crer no que un fai, non desfalecer, traballar arreo. Eu penso que paga a pena loitar por deixar aos que veñan no futuro unha lingua máis forte.
4
fermosa bágoa,arrincácheme un fermoso sorriso
8
unha vez máis ,agradezo as correccións que me facedes
Xa sei que non encaixa o que vou a comentar neste fío, pero é que resulta que vin en El País un articulo de Rivas en resposta a un comentario de Rosa Cero, perdón, Díez, parece ser que dixo que Feijoo era moi gallego no sentido peiorativo da palabra. Gustaríme dicirlle que ela é moi pouco vasca en todolos sentidos, porque non vexo nada peiorativo en ser vasco ( tampouco en ser galego) pero que para compensar é moi puta, en sentido "mellorativo",digo mellorando o presente, para que non se me enfaden as traballadoras do sexo por comparalas con semellante espantallo.
A Rosa Díez de verdade que a poñía con Gloria Lago nunha illa deserta de Madrid con dous morenazos brasileiros monolingües (na mesma cabana).
Que NOOOXOOOOOOO de lixo humano estas dúas ladillas españo¿listas?-imperia¿listas?.
Bazofia.
GALIZA INMORTAL, GALIZA ETERNA; GALIZA EN GALEGO!!!